C. Fernández.- Son unha galega abraiada ao ler nos xornais: “A XUNTA COMUNICA AOS CONCELLOS QUE SE FARÁ CARGO DO CUSTE DE LEVAR OS VECIÑOS A VOTAR NAS ELECCIÓNS AO PARLAMENTO DE GALICIA.” Esta mesma galega é mai dun rapaz que “por sorteo” lle tocou acudir no día 25 de setembro de 2016 ao seu colexio electoral como membro de mesa con cargo de 2º suplente de 2º vogal. Este rapaz está estudando nunha cidade galega de diferente provincia, ben lonxe da vila onde ten o seu domicilio e esa presenza obrigatoria (baixo pena de prisión ou de pago de multa) ocasiónanos un gasto extra de 40,45 € (billete de autobús ida e volta) para a precaria situación económica da unidade familiar monoparental.
Toda esta situación relatámola nun escrito de alegación presentado perante a Xunta Electoral de Zona e esta resolveu: “non escusalo da obriga de formar parte da mesa electoral por non estar o alegado entre os supostos de escusa (reflexados na instrucción 6/2011 da JEC)”.
Á vista do exposto, eu quero facer publicamente unha serie de preguntas á Xunta de Galicia:
Por que a Xunta de Galicia pon transporte de balde para levar o electorado aos colexios no día 25 de setembro e non paga o importe do billete de autobús ao electorado que a propia Administración obriga a presentarse como membro suplente? Por que esa desigualdade, esa diferenza de trato?
Por que a Xunta pon transporte de balde para ir votar e non se lembra dese mesmo electorado facilitando un transporte público un día á semana para acudir ás vilas facer xestións habituais (consultas médicas programadas non urxentes, farmacia, xestións municipais, etc..?).
Por que a Xunta pon transporte de balde para ir votar e nega o pagamento do transporte cando unha persoa ten que desprazarse por razón de saúde desde o hospital da sua área sanitaria a un hospital de referencia dentro da mesma provincia?
Por que a clase política cando se despraza para “cumprir co seu deber” como representante da cidadanía ten o transporte gratuito ou lle pagan os gastos -mesmo en avión, e non precisamente en clase turista- e á cidadanía que a Administración Electoral obriga a acudir como suplente para ”cumprir con este deber” (segundo reflicte o manual de instruccións para os membros das mesas electorais) non lle reintegran o importe do transporte, aínda que este gasto imprevisto lle ocasione un trastorno para a sua precaria economía?
Pido ás persoas que se dedican á política que reflexionen sobre esta inxustiza, sobre esta discriminación relacionada co proceso electoral. Confío en que a democracia vaia medrando, se vaia enriquecendo en tratos de igualdade cara á cidadanía. Con atropelos como este, a democracia, no canto de medrar, reve.
C. Fernández

















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



