O Pescados Rubén Burela FS buscará dar a sorpresa este xoves na pista do poderoso Atlético de Madrid Navalcarnero (20.30 horas, La Estación), recuperando a 2ª xornada, aprazada polo falecemento de ex–burelista Marcelo Santoro, Neco. “Sabemos que será moi complicado, o Atlético ten un equipo que se coñece moi ben, de calidade intratable, e nós aínda estamos formación pero darémolo todo e esforzarémonos ao máximo” advertía Shiori Nakajima, unha das referencias en experiencia da escuadra mariñá.
A xaponesa regresou á pista, e de laranxa, no inicio de liga ante o Cidade das Burgas despois de estar afastada uns nove meses por unha lesión de xeonllo coa selección nipona durante o Campionato Mundial de Guatemala. “O meu principal desexo era recuperar sensacións sobre a pista e facelo fóra do Xapón; a oportunidade de seguir en Burela para min era a mellor” explicaba a 18 burelista, exultante coa súa volta e moi afanada en volver a ser a de sempre: “Non estou ao cento por cento, pero cada día vou mellorando. Estou moi cómada, con xente nova e veterana, traballando nun equipo cada vez máis competitivo” concluía Shio.
A expedición ten previsto chegar sobre as 18.30 ao seu destino.
Convocatoria: 3. Dany, 6. Silvia, 7. R. Betim, 9. Sabela, 10. Lara, 12. Ana Romero, 13. Nerea, 14. Bea Mateos, 16. Cilene, 17. Sofía, 18. Shiori, 26. Elvira
Sábado 1, 4ª xornada. O equipo laranxa quedará en Madrid para disputar a xornada 4 o sábado, ás 20.00 horas, fronte a Afar Majadahonda FSF (La Granadilla).























“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
