O máximo órgano do PSOE estatal entre Congresos causou a demisión de Pedro Sánchez, ao rexeitar por maioría absoluta a súa proposta para a convocatoria axiña dun Congreso Extraordinario con primarias directas para elixir o novo Secretario Xeral. Os baróns e as portas xiratorias, guiados polo xarrón chinés Felipe González, determinan, outravolta, a caída dun Secretario Xeral elixido directamente pola afiliación.
A necesidade de remover Pedro Sánchez había ser moi importante para que estes baróns e portas xiratorias asumisen o dano orgánico e reputacional que esta crise lle ten xerado e lle xerará aínda ao PSOE. Esa necesidade concretábase na continuidade de Mariano Rajoy como presidente do Goberno do Estado, evitando un Goberno alternativo que se enxergaba no horizonte, baseado nos alicerces do PSOE, Unidos Podemos, En Marea, Compromìs e demáis confluencias e coa aprobación tácita do PNV, ERC e os exconverxentes do PDC.
Como queira que este non nato Goberno alternativo non ía facer revolución ningunha nin tampouco recoñecer de primeiras o dereito a decidir de Catalunya e das demáis nacións do Estado, cál era o problema? O problema tiña varias facianas. A da corrupción, onde PP e PSOE andaluz partillan claros obxectivos de dilución das variadas frontes xudiciais ás que concorren. A do mantemento dunha distribución do Poder Territorial xa fracasada, afondando nunha recentralización que só beneficia á inviábel macrourbe madrileña e aos seus axentes financeiros políticos e mediáticos. E a das grandes empresas dos sectores regulados, que querían garantir a continuidade dos marcos normativos favorábeis á concentración bancaria, á grande distribución eléctrica e aos intereses recentralizadores e privatizadores dos grandes grupos construtor-concesionais. Grandes empresas que dominan ao 100% o ámbito comunicacional de Madrid, que exporta doutrina ao Estado todo. Velaí o triste espectáculo do xornal El País e dos informativos estatais da SER, definitivamente abducidos por esta Santa Alianza.
Velaí que este vello PSOE, moi consciente da limitada, pero substancial reforma que se achegaba, preferira salvar o peor do sistema da transiciòn antes de ofrecer unha alternativa viàbel para transformalo.
Xoán Antón Pérez-Lema



















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



