Nota de Prensa
OS SOCIALISTAS PRESENTAN EMENDAS ÁOS OZAMENTOS DA XUNTA, PARA A MARIÑA DE LUGO, POR UN IMPORTE DE 18,4 MILLÓNS DE EUROS
-Ismael Rego destacou entre os proxectos mais importantes, os 6.3 millóns de euros para os tramos da Variante de Viveiro co Corredor Ferrol San Cibrao, do que denunciou o actual Goberno de Feijoo ten paralizado
– No que respecta a sanidade subliñou a cifra de 1 millóns de euros para a posta en marcha do Plan Director de Ampliación do Hospital da Costa, para unha primeira anualidade
-Subliñou as emendas con partidas globais por un importe de 10 millóns de euros para toda Galicia e que tamén terán unha forte incidencia na Comarca da Mariña, en temas como o financiamentos dos Concellos, a dotación de prazas de comedores escolares e a renovación da flota artesanal
-Acusou a conselleira de Sanidade de ter unha actitude cínica sobre a area sanitaria da Mariña e do Hospital da Costa
Santiago , 20 de novembro de 2009. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego anunciou hoxe que seu Grupo Parlamentario presentou emendas parcais aos orzamentos da Xunta por un importe de 18.4 millóns de euros.
Mais polo miúdo o deputado socialista destacou entre os proxectos mais importantes, os 6.3 millóns de euros para os tramos da Variante de Viveiro co Corredor Ferrol San Cibrao, do que denunciou o actual Goberno de Feijoo ten paralizado.
No que respecta a sanidade subliñou a cifra de 1 millóns de euros para aposta en marcha do Plan Director de Ampliación do Hospital da Costa, para unha primeira anualidade. Sinala que nos orzamentos de Feijoo “non aparece destinado nin un so euro para o ano 2010”. Insiste en denunciar que se paralizou o Plan Director para ampliación do centro hospitalario programado polo anterior Goberno cun orzamento de 9.6 millóns de euros.
Das partidas adicadas a saneamentos e abastecementos en distinto concellos da Comarca que foran xa programados polo anterior Goberno e paralizados polo Goberno de Feijoo, presentan unha emenda por un importe de 3.5 millóns de euros.
O deputado socialista destacou ademais a cifra de mais de 4 millóns de euros para a ampliación e melloras don enclaves portuarios de competencia exclusiva da Comunidade Autónoma.
Rego puxo en valor as emendas con partidas globais por un importe de 10 millóns de euros para toda Galicia e que tamén terán unha forte incidencia na Comarca da Mariña, en temas como o financiamentos dos Concellos, a dotación de prazas de comedores escolares e a renovación da flota artesanal. Neste senso puxo como exemplo a mellora do abastecemento no concello de Foz por un importe superior as 10 millóns de euros acordado polo Consello da Xunta do Goberno anterior para a súa cofinanciacion co propio Concello de Foz, e do que denunciou actualmente esta paralizado.
Rego tamén advertiu do aprazamento da construción do corredor, unha infraestrutura de comunicación imprescindible para o desenvolmento da zona norte da provincia de Lugo e Coruña, prevista polo anterior Goberno para o seu remate no ano 2012, e que agora é trasladada no mellor dos casos no ano 2017. Dixo que esta infraestrutura de comunicación é imprescindible para o desenvolvemento da zona norte da provincia de Lugo e Coruña.
Ademais acusou a conselleira de Sanidade de ter unha actitude cínica sobre a area sanitaria da Mariña e do Hospital da Costa, xa que namentres fan declaracións sobre a súa presunta potenciación, Rego di que deixaron sen gastar mais de 600.000 euros presupuestados para o ano 2009, e que tiñan como finalidade reformas no centro como a rampa de acceso, o cambio de cuberta e na area de xinecoloxía, unha partida a que so se lle engade 400.000 euros..
EMENDAS AOS ORZAMENTOS DA
COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA
PARA O ANO 2010
MARIÑA LUGUESA
| Rehabilitación núcleos mariña lucense | 200.000 |
| Mellora Seguridade Vial LU-124 (A Pontenova-Riotorto e Cruz da Cancela-Lindin, enlace N-640 coa A-8) | 800.000 |
| Mellora Seguridade Vial LU-151 (Fazouzo-San Acisclo) | 500.000 |
| VAC Ferrol – San Cibrao (Tramos variante de Viveiro) | 6.300.000 |
| Programa Inmigración Burela | 60.0000 |
| Piscina Burela | 300.000 |
| Acceso ao Porto de Burela | 1.000.000 |
| Construcción vpp Viveiro | 800.000 |
| Consorcio Provincial de Lugo | 400.000 |
| Hospital da Costa(Plan director) | 1.000.000 |
| Centro de Día en Barreiros | 150.000 |
| Centro de Día e Residencia en Foz | 200.000 |
| Concentración parcelaria zona Mondoñedo Norte-Lugo | 800.000 |
| Auditorio de Foz (I Fase) | 400000 |
| Ampliación peirao de Burela | 2.000.000 |
| Adec. De dársenas para pantaláns de embarc menores en Foz | 500.000 |
| Dragado canle acceso ao peirao de Mirasol-Ribadeo IIª Fase | 1.000.000 |
| Abastecemento auga Barreiros | 600000 |
| saneamento Celeiro, Vilamar, Cabarcos, San Xusto e Vilamartin. Barreiros | 800000 |
| Ampliación Escola Infantil Mondoñedo | 100.000 |
| TOTAL | 18.450.000 |
Emendas con repercusión nos concellos, centros educativos e flota artesanal da comarca
| PLAN 2010 CUMPLIMENTO PACTO LOCAL | 4.046.429 |
| Construcción Novos Comedores Escolares | 4.000.000 |
| Modernización e axudas flota artesanal | 2.000.000 |


















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



