Nota de Prensa
O BNG ESÍXELLE Á ALCALDÍA QUE ACTÚE DE INMEDIATO PARA QUE SE REPAREN OS DANOS QUE UNHA INDUSTRIA LLES ESTÁ A PROVOCAR AOS VECIÑOS DE BENQUERENCIA. OS NACIONALISTAS LEVARÁN O ASUNTO AO VINDEIRO PLENO.
Barreiros, 20 de novembro de 2009. O BNG de Barreiros esíxelle á alcaldía que actúe de inmediato para que se reparen os danos que unha industria provoca aos veciños na parroquia de Benquerencia. Os nacionalistas levarán o asunto ao vindeiro pleno.
Segundo explican desde o Bloque Nacionalista Galego “a mencionada industria, unha planta de formigón que ven funcionando desde fai seis anos, provoca numerosas molestias aos veciños, con vertidos continuos de residuos polas cunetas, que en moitos casos invaden as fincas particulares e os seus cultivos, e que chegan incluso a cauces fluviais, neste caso ao que baixa polo centro da parroquia de Benquerencia. Tamén nubes de polvo e diversas substancias procedentes desta industria afectan ás casas colindantes, coas conseguintes molestias para os veciños. E o continuo tráfico de vehículos pesados hacia a planta destroza os viais da zona (pistas de uso agrícola)”.
Os concelleiros do BNG apuntan que “esta industria xa foi polémica desde o momento da súa instalación nun terreo que a día de hoxe está considerado como rústico. A ubicación desta cementeira nestes terreos fíxose no seu día aplicando dunha forma moi sui generis o regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas”.
O Grupo Municipal do BNG xa advertíu no seu día que “esta actividade non só era molesta, senón tamén insalubre e nociva, pois atendendo ao propio RAMINP calificaranse como insalubres as que dean lugar a desprendemento ou evacuación de productos que podan resultar directa ou indirectamente perxudiciais para a saúde e calificaranse como nocivas as que polas mesmas causas poidan ocasionar danos á riqueza agrícola, forestal, pecuaria ou piscícola. E a respecto da ubicación, o regulamento tamén é abondo claro: En todo caso, as industrias fabriles que deban ser consideradas como perigosas ou insalubres, só poderán emplazarse, como regra xeral, a unha distancia de 2.000 metros a contar do núcleo máis próximo de poboación agrupada. A distancia real no caso que nos ocupa é de 200 ou 300 metros únicamente”.
O BNG de Barreiros sempre defendeu que “este non era o lugar idóneo para a ubicación dunha fábrica de formigón, a carón das casas, cando en Barreiros existe un polígono industrial, que era donde tiña que instalarse esta industria do mismo xeito que xa o fixo outra empresa do mesmo sector e coa mesma actividade. Todo o mundo sabe tamén en Benquerencia e en Barreiros de quen eran propiedade os terreos nos que se ubicou a industria. Tal vez sexa fácil deducir porque se facilitou aí a súa ubicación. Isto non é mais ca un claro exemplo do xeito de gobernar do Partido Popular en Barreiros ao longo dos anos: beneficios para uns poucos e os perxuizos que os sufra e os pague a maioría”.
Á vista desta problemática que xa dura seis anos, sen que desde o Concello, coñecedor da situación se fixera nada ao respecto, o BNG pedirá no próximo pleno á alcaldía que “actúe neste asunto en función das competencias que a lei lle outorga, velando polo cumprimento da lexislación medioambiental e esixindo á empresa propietaria da mencionada industria a reparación dos viais e cunetas destrozados, así como a habilitación de sistemas para a eliminación de residuos, e tamén a dotación dos elementos correctores necesarios para evitar molestias ao vecindario”.


















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



