O Resurrection Fest chega á final dos Premios Fest en tres das categorías, sendo un dos festivais favoritos co maior número de nomeamentos.
Do mesmo xeito que en 2014, consegue chegar á final na categoría de mellor festival de gran formato, sen dúbida o premio máis importante de todos. Tamén consegue chegar á final como mellor campaña de comunicación polo seu trato diario nas redes, streamings e a promoción do festival en xeral, e á final da mellor acampada. “De novo queremos agradecer aos centos de persoas que nos votastes”.
O próximo 26 de outubro daranse a coñecer os vencedores en cada unha das categorías, os cales serán elixidos mediante un xurado formado por membros do sector da industria musical.