O Pescados Rubén-Burela FS pechará este sábado a apertada semana inicial de Primeira LNFS cun gran desafío. Visita a casa do campión entre campións, o Movistar Inter FS, que se estreará ante a súa afección fronte aos laranxas e coas cámaras de Teledeporte (Jorge Garbajosa, 13.00 horas). “Somos moi conscientes de que é un encontro moi complicado e máis na súa casa. O noso partido centrarase en defender ben, non baixar os brazos e intentar aproveitar as oportunidades” explicaba o meta Álex Pérez, a piques de subir ao autobús rumbo ao destino da segunda xornada.
O 13 laranxa foi un dos grandes protagonistas do mércores ante o Palma Futsal, cunha traballada e eficaz segunda parte: “A primeira parte foi moi ben. O inicio do segundo tempo custounos; co segundo gol chegounos a ansiedade pero ao final puidemos volver ao partido co porteiro-xogador, a piques de conseguir o empate. Tan só queda seguir traballando”, reflexionaba Álex, que comeza a súa segunda tempada na Mariña “máis asentado”, con máis experiencia e madureza. “Atópome en bo momento, con ganas de achegar ao equipo e seguir mellorando para que Dani siga confiando en min” explicaba o porteiro madrileño, competindo samente coa incorporación de Joan Miñano e esperando o regreso de Edu: “Temos que seguir igual, traballando os tres e despois xa será decisión do adestrador”.
A escuadra mariñá, que partirá hoxe ás 14.00 horas cara a Torrejón de Ardoz, xa se viu as caras en pretempada con Movistar, no Torneo Burela Bonita, con vitoria para os de Velasco (0-4).
Convocatoria Movistar Inter FS: 1. Herrero, 3. Humberto, 4. Lolo, 6. Daniel, 8. Rivillos, 10. Ricardinho, 11. Taffy, 13. Darlan, 15. Álex, 17. Raya, 20. Pazos, 23. Ortiz
Convocatoria Pescados Rubén: 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 10. Matamoros, 11. Chano, 12. Petry, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. J. Bellvert, 20. Miñano, 23. Antoñito, 30. Hélder
Copa do Rei
Os pupilos de Daniel Ibañes terán, de novo, pouco tempo para o descanso. O martes, 18 de outubro, visitarán o Prone Lugo (municipal de Deportes, 21.00 horas) na segunda eliminatoria da Copa do Rei.
Copa Galicia
Tras o sorteo celebrado o martes pasado pola FGFS, o cadro mariñá xa coñece a identidade do seu rival en cuartos de Copa Galicia; será o Cidade de Narón, de Segunda División, como primeiro do Grupo A, tras impoñerse ao Concello de Begonte (1-8) e Ventorrillo (4-3).





















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
