Ribadeo, 27 de outubro de 2016. Do 2 de novembro ao 31 de maio desenvolverase unha nova edición da ximnasia de mantemento nas parroquias, que organiza o Concello ribadense. A inscrición está aberta e pode facerse cubrindo a ficha que os veciños e veciñas recibiron nos seus domicilios xunto á carta informativa que lles remitiron o alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Deportes, David Rivas, presentándoa na Casa da Xuventude ou ben entregándolla ao monitor correspondente en cada parroquia.
Desde a Concellaría de Deportes lembran que “para que unha escola poida levarse adiante é preciso que conte cun mínimo de 5 alumn@s. Será preciso presentar un informe médico de conforme se pode realizar a actividade física da ximnasia de mantemento”. A cota mensual seguirá a ser de 15 euros.
Haberá ximnasia de mantemento en Rinlo os martes e os xoves de 16:15 a 17:17 horas; os mércores e venres de 16:15 a 17:15 horas en A Devesa; en Vilaosende será os martes e xoves de 17:45 a 18:45 horas e en Vilela os mércores e venres de 17:45 a 18:45 horas. En Ove será os martes e xoves de 19:00 a 20:00 horas; en Vilaselán os mércores e venres de 19:00 a 20:00 horas e en Couxela os martes e xoves de 20:15 a 21:15 horas.
Gala do deporte
O vindeiro domingo, 30 de outubro, terá lugar no pavillón de deportes a III Gala do Deporte do Concello de Ribadeo. Os máis de 200 premiados corresponden a 13 modalidades deportivas: atletismo, automobilismo, baloncesto, billarda, bolos, fútbol, fútbol sala, piragüismo, remo, surf, tenis de mesa, tiro olímpico e ximnasia rítmica. A Gala do Deporte dará comezo ás 21 horas.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



