O Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros leva dende hai unha década realizando, entre outras, diferentes actividades dirixidas a dar a coñecer e reivindicar a necesidade de mellorar o estado do río Masma ao seu paso por Celeiro de Mariñaos. Así pois, tamén con esta finalidade naceu no ano 2012 “Ao Son do Masma”, o festival de música galega de ritmos tradicionais feito a carón do río. Catro anos despois, Ollomao ten deseñadas varias actividades vencelladas a este fluvial e ao seu entorno, mediante as cales mostrar a riqueza do río, o seu ecosistema, así como as potencialidades de ocio que permite e permitiría no caso de estar nun mellor estado.
O pasado 9 de outubro tivo lugar unha limpeza simbólica arredor do río en vinculación coa Limpeza Simultánea de Ríos organizada por ADEGA, e para este 5 de novembro realizarase a I Carreira Popular Ao Son do Masma. A realización de actividades deportivas foi unha novidade incorporada recentemente aos estatutos de Ollomao, que se estrea coa realización desta carreira como medio para dar a coñecer o entorno do río Masma a persoas que gusten do deporte e que serán chegadas dende distintas provincias galegas e o occidente asturiano.
A I Carreira Popular Ao Son do Masma está pensada como unha ocasión para reunir en Celeiro de Mariñaos a persoas que desexen participar nunha proba deportiva tanto en categoría adulta como infantil, esta última de balde. Ademais establécese a categoría adaptada para dar a oportunidade de participar a persoas con algún tipo de discapacidade acreditada que opten por non competir na categoría absoluta.
Esta carreira busca ser tamén un espazo para a participación de persoas con diversas capacidades funcionais polo que se organizará o paseo pola integración “Quen non corre, camiña” para que sexa realizado por todas aquelas persoas que non queiran participar na carreira pero desexen pasear un par de quilómetros a carón do río.
Igualmente, Ollomao ten previstas actividades para entretemento das máis e os máis pequenos, como unha sesión de cinema infantil feito en Barreiros, e “O salmón saltón”: un gran xogo de preguntas para todas as nenas e nenos que desexen participar. Toda a actividade terá lugar a partir das 16:30 horas do sábado 5 de novembro e a sesión pecharase cunha merenda para todas as persoas presentes.
Toda a información referida a esta competición deportiva así como o espazo para poder inscribirse está dispoñible na páxina web http://inscripciones.prueba-t.es/inscripcion. O colectivo organizador habilita tamén o enderezo electrónico colectivo.cultural.ollomao@gmail.com e o teléfono 650542932 como canles para consultar calquera dúbida.
Coa finalidade de organizar todos os requerimentos dunha proba destas características, Ollomao convoca unha reunión para o luns 31 de outubro ás 20:00 horas á cal quedan convidadas todas as persoas que desexen aportar a súa colaboración como apoio físico o propio día da competición.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



