Cando falta pouco tempo para que se cumpra un ano dende que a piscina municipal de Vieiro comezou a funcionar mediante xestión directa, dende o Concello de Viveiro faise un balance da súa evolución ao longo destes mesmos, atendendo o número de asociados e cursos ofertados e realizando unha comparativa entre estes datos e os dos anos anteriores.
Analizando os datos obtidos nos cadros adxuntos, cómpre destacar o incremento de aboados que se vén constatando dende 2014 e que se mantivo neste 2016, contando a día de hoxe con 1206 abonos, o que supón 135 abonos máis que no mesmo mes de 2014. O número de baixas e altas ao longo de todo 2015 tamén mantivo a tendencia habitual destes últimos anos, prevalencendo as baixas sobre as altas durante o periodo estival e incrementándose as altas notablemente coincidindo co inicio dos cursos de natación; neste sentido, destaca o número de abonos realizados en outubro de 2016, un total de 158, unha cifra que non se constatara en ningún outro mes dos últimos tres anos.
Polo que respecta ás actividades ofertadas e o número de prazas de cada unha delas, durante este último ano tamén se produciu un incremento notable no número de cursos e cursillistas. En novembro de 2016 estanse impartindo 8 cursos de natación infantil (2 cursos máis que en decembro de 2015), 14 cursos de natación para nenos (fronte aos 8 que se impartían en decembro de 2015, o que supón un incremento do 95%); 9 cursos de natación para adultos (1 curso máis que en decembro de 2015) e 13 cursos en sala para adultos (fronte aos 8 que se ofertaban en decembro de 2015, o que supón un incremento do 29%).
Ademais deste incremento significativo das actividades que se ofertan na piscina, tamén destaca o número de participantes nas mesmas, debendo ter en conta en que decembro de 2015 había 372 cursillistas e que agora hai 508, o que supón un incremento dun 36,5%. Do mesmo xeito, é preciso sinalar que este ano os 5 colexios do municipio participan dos cursos ofertados (fronte aos 4 do ano anterior).
Pódese apreciar, así mesmo, un incremento en termos globais no que se refire a número total de cursillistas, número total de abonados que ao mesmo tempo participan nos cursos ofertados, número total de abonados e número total de usuarios eventuais, onde o incremento con respecto a decembro de 2015 é dun 40%.
En canto ao funcionamento xeral da piscina, cómpre destacar a implantación dun novo sistema nos cursos de natación infantís (para nenos de 4 e 5 anos) e para nenos (maiores de 5 anos). Ata o de agora, os cursos de natación empezaban en outubro e remataban en xuño; agora os cursos teñen unha duración trimestral e establécense distintos niveis cuns obxectivos predeterminados. Este novo sistema permite que dentro dun mesmo curso lectivo os nenos poidan ir pasando dun nivel a outro segundo superan os obxectivos marcados, permitindo, ademais, que entre novos nenos nos cursos do nivel máis baixo. A parte deste sistema de cursos, tamén se creou unha Escola Municipal de Natación, na que están os nenos que xa superaron todos os niveis dos cursos de natación referidos; cómpre sinalar que esta escola de natación participa nas actividades do programa Xogade da Xunta de Galicia.
A alcaldesa de Viveiro considera que “estes datos veñen a validar a xestión realizada, poñendo de manifesto que os esforzos levados a cabo para incrementar e mellorar os servizos ofrecidos na piscina municipal están dando resultados. A intención do concello é manter esta liña de traballo co fin de consolidar a piscina municipal como un centro de ocio e deporte, promovendo e dinamizando a oferta deportiva do municipio. Para isto estanse realizando os trámites necesarios para intentar contratar, a través do programa Depuemprego, da Deputación Provincial de Lugo, un monitor máis para a piscina; ademais, sendo conscientes das melloras necesarias, dende o concello tamén se están realizando as xestións oportunas co fin de poder executar diversas actuacións para mellorar as instalacións do centro”.




















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



