O colectivo cultural OS AVENTADOS programa diversas actividades para este outuno.
Mércores 23 de novembro
“La ruta de los faros”: tertulia e mesa redonda ás sete do serán no centro social de ABANCA de Viveiro. Un artista, un torreiro, un profesor comprometido, un escritor viaxeiro… Todos dispostos a defender que eses “máxicos” FAROS son patrimonio da humanidade.
Mércores 30 de novembro
San Cibrao. Historia dunha balea dormida. “Por San Andrés, nuestra historia contada polos seus protagonistas”. Proxección do audio visual elaborado cos relatos de “xentes mariñanas”, música para os mellores cantautores galegos e fotos de antes… 22 protagonistas, unha coral, paisaxes e paisanaxes… Ás 20.00 horas ena Casa da Cultura de San Cibrao.
Domingo 4 de decembro
“ALMA DE BOLERO”. Gran concerto. Auditorio da Casa da Cultura en San Cibrao. Ás 20.00 horas. As tres damas da canción en A Mariña, réndenlle culto ao Bolero, acompañadas polo profesor Lino Rico Pérez.
Venres 16 de decembro
“Día do Quixote en A Mariña”. Proxección e música no auditorio Casa da Cultura de San Cibrao ás 20.00 horas.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



