Fútbol sala.
Benxamín:
BURLA F.S. A – BURELA F.S. B
CELEIRO F.S. 2-10 MADERAS BARCIA LOURENZÁ
CIDADE DE VIVEIRO 3-3 RIBADEO F.S.
EDM BARREIROS 10-2 COLEXIO O PILAR
SANTIAGO DE FOZ 2-2 A FUGA XOVE
CASTRELO F.S. – Turno de descanso
Alevín:
BURELA F.S. 9-0 EDM ALFOZ
SANTIAGO DE FOZ B 6-1 EDM VALADOURO
CELEIRO F.S. 1-7 MADERAS BARCIA LOURENZÁ
CIDADE DE VIVEIRO 1-1 RIBADEO F.S.
EDM BARREIROS 1-9 COLEXIO O PILAR
SANTIAGO DE FOZ A 7-0
Infantil:
RIBADEO F.S. 6-1 EDM ALFOZ
BURELA F.S. 8-3 EDM RIOTORTO
A FUGA XOVE – Turno de descanso
Basket.
Benxamín:
RIBADEO F.S. 6-1 EDM ALFOZ
BURELA F.S. 8-3 EDM RIOTORTO
A FUGA XOVE – Turno de descanso
Alevín:
COLEXIO M. OTERO F 21-38 COLEXIO O PILAR B
COLEXIO M. OTERO M 51-44 CELTAS FOZ
COLEXIO O PILAR A 50-19 EDM VALADOURO






















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
