Foz 25/11/2016.- O PSdeG-PSOE presentou no pleno deste xoves unha moción para que se devolva a todos os focenses o cobrado de máis no recibo da contribución do 2014. A razón deste feito é que xunto á subida do 12% que solicitou o alcalde, para ese exercicio, aplicouse a subida do tipo de gravame do 10% que se establecía na Lei 16/2013 do 30 de outubro aprobada polo grupo popular do Sr. Rajoy.
Asómbra o descoñecemento dalgúns membros da corporación e a do propio Alcalde, cando no debate plenario poñen en dúbida a incompatibilidade de ambas as subidas. Non teñen máis que lerse a Lei para saber que, no seu artigo 8, o di claramente. Ademais en 2013 remítese a circular nº 15 da FEMP, que suponse lle chegaría ao Alcalde, na que se menciona claramente: “Dado que ambas medidas -incremento legal de los tipos de gravamen del IBI y actualización de valores catastrales por coeficientes- no son compatibles entre sí, los ayuntamientos deberán decidir a qué opción han de acogerse”.
Sería irresponsable presentar unha moción respecto diso sen comprobar esta circunstancia, non obstante na moción xa se pide que se elabore un informe por parte do concello- a través dos servizos xurídicos, de Secretaría e Intervención- no que se comprobe se efectivamente se cobrou de máis aos veciños nese ano e se cuantifique a citada cantidade.
Non entendemos os inconvenientes que se poñen desde a alcaldía salvo por un afán recaudatorio como demostra a subida de taxas, prezos públicos. Lembrar que a petición, única e exclusivamente do Alcalde, Foz é o único concello de toda a Mariña que vai subir a contribución catro anos consecutivos, do 2014 ao 2017. E iso sen ter en conta a subida do tipo de gravame do imposto do promovida polo Sr. Rajoy e o partido popular.
E aínda entendemos menos a postura de algún membro da corporación cando di que se require unha amplísima documentación para comprobar si aplicaron as dúas subidas, que non é fácil realizar esa comprobación. Cando é algo tan sinxelo como realizar unha mínima operación matemática. En todo caso explicámosllo desde o PSdeG-PSOE. Cóllese un recibo do ano 2013, ao valor da vivenda aplícaselle un 12% e á cantidade resultante aplícaselle a porcentaxe do 0´66. Se a cantidade resultante é a que se pagou en 2014 é que se aplicaron as dúas subidas.
Pensar que aprobada a moción- como así resultou finalmente- o que se pretende é que o equipo de goberno acuda á caixa do Concello e devolva os cartos aos veciños, tamén reflexa amplo descoñecemento por parte destes membros da corporación. Haberá que determinar se realmente se cobrou de máis aos veciños, cal de ambas as subidas é incorrecta e cuantificar a cantidade que debe devolverse a cada veciño, o que xa se pedía na propia moción socialista.
A petición plenaria é para que desde o propio Concello se devolva de oficio, xa que se unha administración é coñecedora de que se cometeu un erro debe proceder a solucionalo de inmediato. E se o Sr. Alcalde non se deu por aludido co informe de intervención de novembro de 2014 a día de hoxe é plenamente consciente desta circunstancia grazas ao PSdeG-PSOE.
Lembrar a todos os veciños que, con independencia do decidido polo pleno da corporación, se consideran que se lles cobrou de máis poden presentar un escrito no Concello para que se lles devolva a cantidade cobrada indebidamente. Ademais, que teñan en conta o período de prescrición de catro anos.
Desde o PSdeG-PSOE pedímoslle ao equipo de goberno que axilice canto antes o tema e se proceda á devolución o cobrado de máis ese ano, o que a bo seguro sería un bo agasallo de Reis.

















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



