O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, o Director Deportivo da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, Ruben Engroba, o Representante da Federación Galega de Baloncesto en Lugo, Alejandro Alcalde e a Xerente da empresa patrocinadora Ferreiro Suministros Industriales, Nadia Álvarez, presentaron este mércores no Salón de Actos da Deputación, o 1º Circuíto de Baloncesto Provincial Precadete Masculino. A Deputación colabora na celebración deste proba cunha achega económica de 1.500 euros.
Rivera Capón recoñeceu a importancia deste tipo de iniciativas “que van encamiñadas a promover o deporte base e á mocidade, xa que son preto 300 xogadores non federados os que poderán participar no torneo, o que supón, ademais, un importante revulsivo económico do que se aproveitarán os cinco concellos da provincia”.
Neste sentido, agradeceu a “deslocalización” do torneo, que permitirá levar o baloncesto a vilas nas que sería difícil organizar este tipo de eventos deportivos. “Por iso dende a Deputación consideramos de vital importancia colaborar con proxectos que contribúan a dinamizar o deporte base, e ao mesmo tempo poñer en valor os recursos gastronómicos e culturais das nosas vilas e as nosas comarcas”, sinalou.
A competición, promovida pola Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, está dirixida a xogadores nados no ano 2002 e posteriores, e para unha categoría non federativa. O circuíto comeza o día 8 de decembro e remata no mes de xuño de 2017 e desenvolverase en cinco sedes distintas; Láncara, Vilalba, Cervo, Quiroga e A Fonsagrada; esta última localidade acollerá a final.
Pola súa parte, Rubén Engroba, que agradeceu a colaboración da institución, destacou que “o obxectivo é incentivar o baloncesto en Concellos que están creando equipos de base ou non os teñen, pero que contan con magníficas instalacións para a súa práctica”.
Funcionamento
O funcionamento do campionato é o seguinte; participarán catro equipos en cada sede, competindo en horario de mañá e tarde por quedar campión de sede. As semifinais disputaranse en horario de mañá, e xa de tarde, o 3º e o 4º postos e a final, previa á entrega de trofeos para todos os equipos. Todos os partidos estarán arbitrados por árbitros oficias da Federación de Baloncesto.
Datas da competición
Este 1º Circuíto de Baloncesto Precadete Masculino celebrarase en 5 concellos da provincia de Lugo, co fin de levar a todas as zonas o certame. As datas son as seguintes:
– Láncara, 8 de decembro
– Vilalba, 7-8 de xaneiro
– Cervo, 25 de febreiro
– Quiroga, 8-9 de abril
– A final será na Fonsagrada, en xuño, para oito equipos e competición de 2 días.





















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
