Lugo, 4 de decembro de 2016-. O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, salientou que esta será unha lexislatura histórica para a provincia de Lugo como demostran os compromisos e apostas incluídas no proxecto de orzamentos autonómicos para o ano 2017 presentado no Parlamento de Galicia.
Nunha primeira valoración o responsable territorial indicou que o conxunto da provincia recibirá investimentos do Goberno galego por valor de 1.195 millóns de euros, rexistrando incrementos nas achegas de todos os departamentos autonómicos.
Esta cifra que fai que Lugo lidere o investimento que a Xunta destina por habitante, que se sitúa en 3.522 euros/lucense, isto é, unha cantidade un 33% superior ao gasto previsto nas provincias atlánticas, afondando nunha estratexia de reequilibrio territorial e discriminación positiva cara a nosa provincia.
Balseiro explicou tamén que a maiores das grandes cifras en investimentos o proxecto de orzamentos que agora debe iniciar a súa tramitación orzamentaria incúe tamén un relevante incremento dos beneficios fiscais que aumentan un 7% ata os 391 millóns de euros, o que permitirá incrementar a renda dispoñible das familia.
Principais investimentos en infraestruturas
No ámbito das infraestruturas destacan os 2,7 millóns de euros que o Goberno galego investirá na Vía de altas prestacións da Costa Norte. Tamén se achegan 250.000 euros na conversión en autovía do corredor Nadela-Sarria. 450.000 euros máis para o Plan Paradai. Para o acondicionamento e mellora da LU124 no tramo Lindín, Cruz da Cancela, Riotorto-Vilaméa achéganse 858.217 euros e 250.000 euros máis para o acondicionamento da LU651 no Folgoso do Caurel. Finalmente a Xunta contempla 120.000 euros máis para o acondicionamento da LU231 no eixo Begonte, Friol, Palas O proxecto para a estación intermodal de Lugo recbirá en 2017, 75.000 euros e se prevén achegas plurianuais que superarán os 3,5 millóns de euros. Tamén no ámbito das infraestruturas o plan para a mellora e conservación de paradas e estacións de autobuses se centrará en Lugo, que recibe preto do 60% do orzamento total que será de medio millón de euros.
Como novidade a Xunta prevé investir 847.004,32 euros na construción de sendas peonís e ciclistas nos concellos da comarca de Lugo e 741.128,78 euros máis para esta mesma actuación na Terra Cha.
En materia de solo empresarial hai achegas previstas para Taboada (900.000 euros), Quiroga (300.000 euros), Monforte (120.000 euros) e Lourenzá e Monterroso con 10.000 euros respectivamente. Superan os 420.000 euros distintos investimentos previstos para iniciativas de integración paisaxística no Camiño de Santiago e rehabilitación integral.
Investimentos en Benestar, industria e centros educativos
Balseiro salientou, no ámbito do Benestar, os 758.000 euros destinados á posta en marcha do programa de atención á primeira infancia e creación das casas-niño, ou as achegas para as residencias de Carballedo (447.737 euros), Cervo (88.190 euros), Portomarín (115.326 euros) e Quiroga (27.135 euros).
Pola súa contía tamén destacan os 8,2 millóns de euros que a Xunta investirá na actuación estratéxica para o desenvolvemento da Civil Uavs Iniciative en Rozas aos que se suman outros 100.000 euros para creación dun centro de experimentación de cargas aerotransportadas.
No ámbito educativo hai previstos 1,6 millóns de euros para a reforma do IES As Mercedes de Lugo, 150.000 euros máis para a construción do novo CEIP Sagrado Corazón. Tamén 772.930 euros para actuacións en materia de protección do patrimonio cultural en Lugo e 576.376 euros máis para este mesmo concepto en Mondoñedo
Melloras nas infraestruturas sanitarias
A nivel sanitario, destacan o 6,6 millóns de euros comprometidos para seguir impulsando a obra de ampliación do Hospital da Costa, con 350.000 euros máis que engade a distintas actuacións de aforro e eficiencia enerxética nos espazos de nova construción e 250.000 euros máis para o centro de saúde de Saviñao
Mar, turismo, deporte e medio ambiente
No ámbito marítimo destacan as achegas de 465.000 euros para o centro de investigacións mariñas de Ribadeo ou os 368.267 euros que Portos de Galicia consignará para distintas actuacións nos peiraos da costa.
A Xunta tamén achegará 200.000 euros, respectivamente para infraestruturas turísticas en Cervantes e Sober, os 100.000 euros contemplados para actuacións en albergues e Camiño de Santiago en Friol, idéntico concepto polo que Palas de Rei recibe 312.000 euros ou Sarria 217.000 euros. No ámbito da mellora das infraestruturas deportivas Outeiro de Rei recibirá 157.000 euros. Hai tamén 180.000 euros para distintas axudas a concellos afectados pola Rede Natura.
Infraestruturas hidráulicas
Finalmente no ámbito do medio ambiente e infraestruturas hidráulicas, as principais achegas son para a nova EDAR de Viveiro (1 millóns de euros) Burela (200.000 euros), para o proxecto de saneamento en Ferrón, A Igrexa e O Pinar en Sober (270.001 euros), para a rede de distribución nas parroquias de Cortes e San Juan de Loio en Paradela (291.000 euros) para a EDAR de Foz (700.000 euros), para renovar a rede de abastecemento en Rio Covo (Cervo) por 150.000 euros, e para renovar a rede de abastecemento en Baamonde (Begonte) por 323.337 euros. Tamén hai previstos investir 300.000 euros en Castro de Rei, entre outras.
Apoios fiscais para as familias e o rural
As contas autonómicas tamén inclúen –entre outras– unha nova rebaixa fiscal centrada no eido rural, de especial interese para os lucenses. A Xunta bonificará a adquisición de vivenda para uso habitual aos mozos, familias numerosas e persoas con discapacidad cando estea ubicada nunha zona rural.
Ademais, o Goberno galego consolida as baixadas de impostos xa en vigor dende xaneiro de 2016, e que afectan ao IRPF, ao Imposto sobre Sucesións -o 99% dos galegos xa non pagan este imposto cando reciben unha herdanza dun familiar directo- e o programa de impostos cero no rural.



















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



