Foz, 6 de decembro de 2016. O borrador do orzamento do Concello de Foz para o vindeiro ano 2017 foi presentado nunha reunión da xunta de portavoces celebrada onte, luns. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, destaca que “ofrece baixa de impostos, contas realistas e os investimentos que decidan os grupos da oposición”.
Nesta primeira xuntanza para abordar o orzamento municipal de 2017 participaron Javier Castiñeira, en representación do goberno municipal do PP; o portavoz do PSOE, José María Linares; o de FPF, Luis Alfonso Sixto; e a concelleira do BNG Teresa Rego.
O rexedor municipal focense presentou o primeiro borrador do orzamento “para que sexa avaliado polo resto dos grupos e polo servizo de Intervención, que valorará tecnicamente a proposta. O máis salientable é a baixada de ingresos que produce a redución da contribución no 2017 nuns 250.000 euros, o que deixa o apartado de ingresos en cerca de 7.200.000 euros. Respecto aos gastos a liña xeral é corrixir as partidas de gasto fixo e gasto corrente á alza axustándoas á realidade, posto que en épocas de intensa crise rebaixáronse drasticamente e non cubrían as necesidades reais. Un caso claro é o Plan Verán, que propón o goberno municipal para orzamento de 2017, que non implica máis actividade senón que a que hai sexa recollida nos orzamentos e evitar que moitas das facturas ocasionadas por melloras en servizos e festas na época estival queden fora de contabilidade. Este Plan Verán dota con 350.000 euros máis as partidas concretas e cobre un gasto necesario e xusto no incremento de servizos de limpeza, socorrismo, recollida de residuos, roza e xardinaría e obras de mellora do pobo nos tres meses intensos de verán. Deses 350.000 euros, 75.000 prevense cubrir cun plan de emprego que segue conservando unha partida de 140.000 euros, coma neste ano 2016.
Un exemplo claro deste déficit é que no orzamento deste ano 2016 existía unha partida de 73.000 euros para festas cando a realidade se vai ao dobre, 135.000 euros ou máis, como se explica no documento presentado polo goberno municipal especificando o custo municipal de cada evento para demostrar a realidade e con elo evitar dúbidas”.
Castiñeira engade que “ademais do Plan Verán, como novidades salientables, contémplase dotar unha partida duns 100.000 euros para iniciar a actividade da residencia de maiores, uns 10.000 euros para becas de transporte de universitarios e 12.000 euros para unha partida destinada á primeira comida homenaxe aos xubilados focenses, posto que Foz é dos poucos concellos que non a celebra”.
Ademais o alcalde destaca que “no que respecta ao capitulo 6 de investimento, o goberno municipal cede a totalidade dos case 200.000 euros que se poden prever para que os grupos da oposición decidan en que obras os queren investir”.
Para rematar o rexedor municipal explica que na proposta de orzamento do Concello de Foz para 2017 contémplase “baixada de impostos, máis rigor e realismo e programación nas contas, menos facturas fóra de contabilidade, aposta pola apertura do xeriátrico, becas de transporte, recoñecemento aos xubilados e investimentos no que decida a oposición.
Os portavoces recibiron o borrador, entendemos que con bo ánimo de aportar o seu gran de area, e quedaron citados para o mércores, día 14, para ir completando a documento coas súas propostas”.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



