O CEIP de Riotorto acolle o sábado 17 de decembro unha xornada sobre xogos tradicionais a partir das 16.00 horas. O xogo das nenas e nenos veu evolucionando nos últimos anos cara patróns cada vez máis individualistas, centrados en instrumentos tecnolóxicos e as máis das veces influenciados pola publicidade e o mercado. As actividades presentadas nesta xornada están orientadas ou relacionadas co xogo popular e tradicional. Xogos que, co paso do tempo, foron perdendo a súa presenza tanto en escolas infantís coma nas familias.
Xogos tradicionais no CEIP de Riotorto
Xogos tradicionais no CEIP de Riotorto
Relacionado
-
Este xoves celébrase en Foz a Festa do ovo
-
O Espazo Cultural El Liceo, de Navia, acolle este verán dúas destacadas exposicións que ofrecen ao público unha experiencia artística única, baseada na exploración da luz, a escuridade e a materia transformada
-
O restaurante ribadense El Oviedo celebra unha cata de viño única xunto co enólogo e adegueiro Manu Méndez