O Presidente da Deputación, Darío Campos, acompañados doutros membros do Goberno Provincial e autoridades da provincia, participou este sábado na concentración na Praza Conde de Fontao, que promove a plataforma “Lugo, non perdas o tren”, para reivindicar melloras nas infraestruturas ferroviarias na provincia de Lugo, e ao mesmo tempo, para evidenciar as carencias desta infraestrutura con respecto a outras Comunidades. Campos Conde acudiu a este acto reivindicativo do “Día da maleta”, cunha maleta na man na que se podía ler “Queremos un tren do s.XXI”.
O Presidente afirmou que os servizos ferroviarios da provincia de Lugo están discriminados con respecto a outras provincias, e demandou ás institucións con responsabilidade neste asunto, que deixen as palabras e que pasen aos feitos. Campos Conde avanzou que coa concentración de hoxe, Lugo pon a primeira pedra para non quedar atrás. Neste senso, avanzou que esta provincia ten que ter as mesmas prestacións ferroviarias que o resto de Comunidades. Por último emprazou a todos os responsables políticos a remar na mesma dirección, “non basta con dicilo, hai que seguir pelexando por isto”, dixo.
Esta plataforma está integrada, entre outros colectivos, pola Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo, a Confederación de Empresarios (CEL), o Concello de Lugo, a Deputación Provincial, xunto cos principais sindicatos e os colexios profesionais.
Con este xesto, o Presidente da Deputación, fai súas as reivindicación deste colectivo, que reclama, a chegada do AVE; a posta de marcha do proxecto intermodal, que xa esta feito; trens por Lugo, dende A Coruña; a eliminación dos pasos a nivel na provincia. Tamén demanda paradas de Media Distancia (MD) en todas as estacións, xunto con horarios adecuados ás necesidades dos usuarios. Outras das solicitudes son prezos adecuados, asequibles e competitivos para todos os usuarios; unha vía férrea a Santiago, ou a recuperación dos servizos de mercancías a Lugo. Por último solicitan servizos por León e a Cataluña e País Vasco, e que non se recorten servizos na fin de semana ou festivos.
Lugo conta coas peores conexións ferroviarias de Galicia
Os colectivos remarcan que a provincia de Lugo conta coas peores conexións ferroviarias de Galicia, xa que segundo os datos que manexan, está entre entre as catro ou cinco peores de España, xa quedou fóra da rede de alta velocidade, e nos últimos anos non deixou de perder servizos.






















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



