Máis de 70 senderistas percorremos este sábado os 20 quilómetros que separan Pedrouzo e Santiago, finalizando desta forma o Camiño Norte que discorre entre Ribadeo e Santiago. Foi unha xornada de bo tempo con dous momentos destacables: a chegada ao Monte do Gozo e á Catedral de Santiago, na Praza do Obradoiro. Tras conseguir a correspondente “compostelá” que acredita o camiño andado, o grupo repartiuse polos restaurantes da zona para repoñer forzas e poder ir máis tarde a dar o tradicional abrazo ao Apóstol e visitar o Belén montado na catedral.
