Nadal Máxico é un espectáculo creado pola Asociación de Magos Profesionais de Galicia estructurado en formato gala, cun presentador -o Mago Antón- e catro magos profesionais en escena -Mago Benjamín, Roman García, Mago Cali e Javier Muro-.
Cada un dos magos amosará o mellor do seu repertorio o mércores 28 de decembro no Teatro Pastor Díaz de Viveiro a partir das 20.30 horas. O resultado é un show onde o público non terá acougo, de principio a fin.
O mellor da maxia galega resumido en 85 minutos de maxia.