Burela 3-1-17. O Calendario Laranxa volve en 2017 aos fogares mariñáns rendendo homenaxe ao Futuro Burelista, cun equipo de base como protagonista de cada mes. Como xa é tradición, o almanaque do Pescados Rubén Burela FS incorpora a axenda ligueira dos equipos sénior, de Primeira División LNFS e RFEF, ata finais de 2016-17, ademais dun póster central de toda a Familia Laranxa. Portada e contraportada están dedicadas aos conxuntos de elite.
As pequenas Xoias Laranxas, dende prebenxamín ata xuvenil e filial feminino, encabezan os meses de 2017, co apoio de Grupo Vega, A Chave de Ouro, Halcón Viajes, Alain Afflelou Óptico, Concello de Burela, 3A Consultores, Frenos Carpe, Pescados Rubén, AutoLav Galicia, Living Sport Foz, Limpezas Lemas e Ximnasio Breogán.
O calendario xa está dispoñible (prezo, 3 euros) nas oficinas do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 91); tamén poderá adquirirse no pavillón Vista Alegre, coincidindo cos partidos laranxas sénior, dende este sábado, 7 de xaneiro.
O Pescados Rubén Burela FS quere amosar o seu agradecemento aos establecementos, empresas e Concello colaboradores na realización do Calendario Laranxa 2017.






















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



