Barreiros, 27 de novembro de 2009. O BNG pídelle ao alcalde que arranxe canto antes a rede viaria de Celeiro de Mariñaos e o acceso ao barrio do Barral. O asunto analizóuse no pleno ordinario celebrado onte no Concello. Aos nacionalistas non lles valen as escusas dadas ata o momento.
Desde o grupo municipal do BNG, Antonio Veiga, asegura que “neste pleno confirmáronse os incumprimentos que ven mantendo o Concello de Barreiros coa parroquia de Celeiro de Mariñaos relativos á súa rede viaria. Estamos falando dun vial que está cortado ao tráfico desde novembro do ano pasado polos derrubes producidos pola cantidade de auga que pasou por enriba cando se rexistraron os temporais do ano pasado; supuxo un auténtico perigo porque por aí pasan as tuberías da rede xeral de abastecemento de auga de Barreiros, que están á intemperie sen cubrir e sen arranxarse. Os veciños que transitaban por este vial teñen que percorrer desde ese momento dous ou tres kilómetros a maiores. Cando falamos desta situación, o alcalde respondeu que ata o verán de 2010 vai seguir sen repararse, algo que non nos parece lóxico cando había un compromiso coa asociación veciñal de Celeiro de arranxar esto de inmediato”.
Os nacionalistas denuncian que outra estrada que atopa en mal estado “é o acceso ao barrio do Barral que desde a campaña electoral das municipais de 2007 está nun estado bastante complexo, dado que se estaba empezando a obra, que o poñería en debidas condicións, para poder acceder sen perigo desde a N-634, pero desde que se celebraron eses comicios a obra paralizóuse. A escusa é que non hai material para facer o recheo e un abanico moito máis grande nese acceso para que os da N-634 puidesen entrar e sair sen problemas hacia o barrio do Barral. Non entendemos esta demora, salvo que sexa un castigo ou que o alcalde entenda que esta parroquia non é merecedora de que os seus viais, sobre todo en casos extremos, estean en perfecto estado”.
Ao BNG non lle vale “a escusa económica porque neste mesmo pleno se aprobou un suplemento de crédito de 80.000 euros para gastos correntes e convervación de estradas. Moito menos de 80.000 euros é o que se precisa para arranxar estes viais dos que estamos a falar. Quen vai ter que responder será o propio alcalde aos veciños de Celeiro que foi cos que se comprometeu en máis dunha ocasión a solucionar este problema”.



















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



