Desde fai xa bastante tempo, cada semana máis ou menos gozamos a través dos medios dun escándalo social, político, económico, deportivo, etcétera. Aínda que últimamente os escándalos políticos gañan por goleada, quizais porque a corrupción, o cohecho, a prevaricación, o abuso de poder e tantas outras facetas da conduta política dan moito de si.
Como consecuencia, pregúntome si a os habitantes de este Estado- Nacion que chaman España nos interesa a política polos escándalos que nos proporciona ou si a política interesa pola diversión que noss proporciona coas vidas, obras e milagres dos seus protagonistas. Trátase de preguntas retóricas, pero entristece constatar que non nos divirte a política porque as obras, feitos e decisións dos seus intérpretes estean beneficiando aos españois, mellorando a súa calidade de vida e facendo que se sintan orgullosos de pertencer a un Estado administrado con esa soa finalidade. E ás probas remítome, a todos eses escándalos que a prensa presenta con certo regodeo, ou así mo parece.
Así xorde outra pregunta: si deixamos de lado a protohistoria e limitámonos aos últimos 2500 anos de historia do ser human, a humanidade evolucionou positivamente un anaquiño en canto ás relacións entre a cidadanía e os gobernantes? Pois non, os gobernantes de calquera tipo sempre consideraron que ostentan o poder porque foron tocados polo dedo dos deuses, polo que as súas decisións foron e son inapelables, indiscutibles, só cambia a fraseoloxía que utilizan para vender a moto, que hoxe trata de enmascarar a realidade patente: «quen manda, manda e cartucho a escopeta” que decía meu abó.
Afortunadamente, ao longo dos séculos houbo pensadores e filósofos que denunciaban ese estúpido sistema, que arrastra á humanidade coma se dun inmenso rebaño tratásese dirixido por uns vaqueiros borrachos de poder, cara a un despeñadeiro inmenso, porque o poder emborracha.
Esta seman o presidente do Goberno declaraba, nunha entrevista que non via cine, non lia novela…….Valería a pena que o Goberno desta terra bendita se culturizara lendo un pouco máis e apercibísese de que gobernar España o é aos españois que son unha realidade indiscutible con necesidades básicas que sen dúbida han de estar por encima de abstracciones prefabricadas segundo interese en cada momento, como a economía, os mercados, a patria, ou a unidade de España nas que se recrean os chamados gobernantes. Pola contra, o escritor a ter en conta sería Darío Fo, Nobel de 1997, que nun momento de clarividencia política dixo aquilo de: «Neste país levamos a cabeza moi alta? porque a merda chéganos ata o pescozo».





















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



