O vindeiro venres, 3 de febrero, é San Blas,e ten lugar a primeira festa do ano do concello de Foz; celébrase no barrio de Vilaxoane, A ermida, sinxela, pero moi coidada e conservada, dado o interese dos vecinos, atópase, en fermoso lugar,no inicio da estrada que de Foz leva á basílica de San Martiño. É dunha nave coberta ás dúas augas, con arco de trunfo, e capela maior. Nela óllanse as imaxes de San Blas, San Xosé, San Roque e a Virxe co Neno, éstas dúas do século XVIII. Posúe retablo dun corpo, con catro columnas salomónicas, nas que se contempla un Cristo e unha imaxe de San Caetano. As mesmas, según as crónicas, viñeron de Nápoles, e atribuen a construcción ao Conde de Gimonde, Conselleiro nas Indias e, según contan, débese o nome de Vilaxoane a unha filla dos seus devanceiros, chamada Xoana.
A de San Blás é romaría entrañable, á que acude xentío da vila e a bisbarra, pois en boa medida pervive a crenza de que o santo é abogoso das doenzas da gorxa, ao que os crentes se encomendan, ao tempo que se realiza o vello rito de “poñer o Santo”.
O aspecto lúdico tradicional xira en torno ós bailes que hai moitos anos tiñan por marco a “aira de Morán”; logo serían no salón da Corredoira (hoxe Xoíña), onde se competía co “baile da escoba”, que se ben non era espectáculo artístico nen estético, era divertido e moi paticipado.
O tempo desapacible, que en tales datas acostuma, deixou unha referencia histórica: en 1954 o contorno viviu a mais grande nevarada que lembramos; tanto que impidiu que se celebrase a festa, pois a orquestra contratada (Ritmo, de Mondoñedo) non díu chegado ó lugar da mesma. Hoxe unha ampla carpa protexe das inclemencias e alí terá lugar, amais dos consabidos bailes, o “día dos callos” que, co “pan de San Blas”, son as singularidades gastronómicas da ocasión.
Esperemos que o día 3, a climatoloxía sexa favorable, e que alguén poida facer a encomenda: “Se vas ao San Blas tráeme un Blasiño, que non sexa moi grande nen moi pequeniño…”
A capela de San Blas, coas do Pilar na Espiñeira e a desaparecida de San Xoan, na finca que arrodea o Asilo, pertencían ó Condado de Guimonde, cuias propiedades que tiña por toda Galicia, foron liquidadas polo Maiordomo, a finais do S.XVIII, ó finar sen descendencia o último Conde e, polo tanto, desmantelado o Condado.



















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



