Lugo, 31 de xaneiro de 2017.- A Consellería de Política Social concedeu axudas a vinte e seis colectivos e entidades da provincia de Lugo para impulsar o seu labor de voluntariado. En total as axudas concedidas, que se publican hoxe no Diario Oficial de Galicia, suman 55.086,67 euros, explicou hoxe o delegado territorial, José Manuel Balseiro
As achegas económicas desenvólvense ao abeiro das ordes polas que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e para entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, e tamén as subvencións a entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividade de voluntariado.
Apoio aos proxectos de voluntariado
Ao respecto da primeira orde, recibiron subvencións a Asociación Síndrome de Down de Lugo, a Asociación Lucense de Axuda a Enfermos Mentais Alume, a Asociación Aliad-Ultreia, e a Asociación Xuvenil e Cultural Ateibo, así como os concellos de Vilalba, Guitiriz, Cervo, Ribas de Sil, Viveiro, Xove, Rábade, Ourol e Alfoz.
As axudas tiveron por obxectivo promover once proxectos de acción voluntaria propostos polas entidades citadas. En total, foron un total de sesenta e un, o número de persoas voluntarias implicadas, con idades comprendidas entre os dezaseis e os trinta anos.
As accións se desenvolveron prioritariamente en torno á recuperación da cultura, arte e tradicións populares galegas, o Camiño de Santiago, traballo con colectivos en situación de risco, actividades xuvenís, ambientais ou relacionadas coa igualdade de xénero, entre outras.
Compre destacar que neste ano, recuperouse, logo de tres anos sen convocatoria, a segunda das ordes mencionada anteriormente, que permitiu a cento setenta e sete persoas voluntarias a través de trece entidades de acción voluntaria da provincia de Lugo o desenvolvemento de programas de axuda ao fomento do voluntariado, con especial incidencia nas áreas de sensibilización social, formación do persoal, e coordinación mediante o impulso do traballo en rede das diferentes entidades.
Certificado de experiencias voluntarias
Por último, as persoas voluntarias participantes poderán de acordo co artigo 17 da Orde do 14 de marzo de 2014 pola que se regula o Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, solicitar, á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a expedición do certificado de experiencias voluntarias que reflectirán as accións voluntarias desenvolvidas por estas con carácter global, nas entidades de acción voluntaria coas que colaboraron e en todos os programas de voluntariado desenvolvidos pola Administración autonómica en que teñan participado.
A certificación oficial das experiencias voluntarias vai permitir ás e aos voluntarios acreditar formalmente o desenvolvemento ou consolidación de habilidades, destrezas, coñecementos, actitudes ou competencias de grande valor non só para a mesma entidade de acción voluntaria na que colaboran ou para a sociedade en xeral, senón tamén para o mundo laboral, no que cada vez son máis as empresas que valoran estas experiencias.
Balseiro considera de máximo interese colaborar na promoción de actividades no ámbito do voluntariado, actuacións que necesariamente deberán influír no desenvolvemento comunitario.






















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



