Lugo 15-2-17. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, mantivo esta mañá, no salón de actos de San Marcos, un encontro informativo con 13 Alcaldes e representantes municipais da provincia, con motivo da próxima entrada en vigor do Decreto da Xunta que regula as repoboacións de eucaliptos e que prohibe a súa plantación en 29 Concellos lucenses. O encontro contou coa intervención de Francisco Marey, profesor da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo, que advertiu que con este Decreto “Lugo pode perder un tren máis”, xa que o eucalipto representa un aproveitamento forestal moi importante para as rendas das comunidades do rural.
Pola súa parte, Campos Conde cuestionou un Decreto que traza unha liña vermella no territorio sen atender a xustificacións técnicas e reclamoulle á Xunta unha xestión forestal baseada en indicadores científicos, sociais e ambientais. Ademais, o Presidente sinalou a importancia deste primeiro encontro para que que os representantes municipais expoñan a súa visión sobre o proxecto do Decreto e anunciou a organización dunhas xornadas abertas ao público para o mes de marzo, nas que participarán distintos actores e voces implicados nesta problemática.
Pola súa parte, os Alcaldes que interviñeron no debate, como o de Castroverde, José María Arias, e o da Fonsagrada, Argelio Fernández, criticaron que non se tivera en conta os Concellos e a poboación dos territorios á hora de redactar o proxecto do Decreto do eucalipto e reivindicaron o valor dos Plans de Ordenación Municipal, que xa determinan os distintos usos forestais do solo e dan cabida a todas as especies, dende o eucalipto ás frondosas, atendendo a criterios de sostibilidade e aos intereses das comunidades do rural. Neste senso, Arias advertiu de que se está a promover, unha vez máis, “unha Galicia de dúas velocidades” e Argelio Fernández alertou que a prohibición de plantar eucalipto “vai ser definitiva para que a xente abandone o rural”.
O profesor Marey avogou por dúas alternativas ao Decreto de prohibición do eucalipto: a creación de Plans de Ordenación dos Recursos Forestais (PORF) adaptados á realidade de cada Concello e a introdución de condicionalidades nos cultivos intensivos de eucaliptos, que lles esixan aos produtores a dedicación dunha cantidade mínima de hectaréas ás frondosas. Deste xeito, sinalou, faríase unha xestión forestal sostible e podería certificarse a madeira.
O encontro foi impulsado polo Goberno da Deputación para dar resposta ás inquedanzas e preocupacións dos Concellos lucenses afectados polas novidades lexislativas da Xunta.
Participaron na reunión representantes dos seguintes Concellos: Baleira, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Fonsagrada, O Incio, Láncara, Monforte de Lemos, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Pantón e Pedrafita do Cebreiro.
Xornadas abertas ao público en marzo
O Goberno da Deputación está traballando na organización dunhas xornadas dedicadas ás plantacións de eucaliptos, para dar resposta ás inquedanzas sociais suscitadas pola divulgación do proxecto de Decreto da Xunta que regula esta especie. A organización destas xornadas é unha proposta do órgano de participación da Reserva da Biosfera Terras do Miño, que se reuniu o pasado mes de decembro.
As xornadas serán abertas ao público e contarán con voces de colectivos de produtores forestais, ecoloxistas, Alcaldes e técnicos, que expoñerán os diferentes argumentos e datos que avalan os diferentes posicionamentos en torno ao cultivo do eucalipto.





















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



