Lugo, 14 de febreiro de 2017. O Vicepresidente, Álvaro Santos Ramos, xunto á Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, mantiveron este martes un encontro con usuarios do Centro Ocupacional da Asociación de Pais de Nenos e Adolescentes con Necesidades Especiais (ASPANANE), que se sitúa na localidade viveirense. Son as únicas instalacións na Mariña Occidental que prestan servizo diúrno a persoas con discapacidade intelectual. O Goberno da Deputación concedeu a este colectivo unha axuda de 35.000 euros para ampliar e mellorar dito centro, que actualmente atende a 36 veciños.
Santos Ramos e Loureiro García, acompañados pola Presidenta e Directora de ASPANANE, Mercedes Varela Bolón e Elena Santos, respectivamente, e por uns 30 usuarios, supervisaron as obras que xa se están a executar co orzamento concedido polo Executivo Provincial no Centro Ocupacional.
Este conta con 2 nave, unha delas actualmente sen servizos, nas que actúa o Goberno da Deputación para mellorar e ampliar as instalacións deste colectivo; así como para adaptalas ao novo Decreto 149/2013 que aprobou a Xunta de Galicia. Cómpre destacar que, en base a esta normativa, estas actuacións son necesarias para que ASPANANE cumpra coa mesma e poida continuar coa prestacións deste servizo único na Mariña Occidental, atendendo a familias de Ourol, Viveiro, O Vicedo, Xove e Foz.
Actuacións
Na nave que actualmente está en uso, estanse a levar a cabo traballos de mellora na fachada para pór fin ás filtracións de auga, pois había goteiras, mellorando o illamento. Na outra infraestrutura, que agora mesmo non ten servizos, tamén se arranxará a fachada, ademais de realizar todas as actuacións necesarias para o acondicionamento do seu interior. Isto suporá que o Centro Ocupacional de ASPANANE gane 400 metros cadrados cos que ampliar as súas prestacións. Neste espazo situaranse salas de uso múltiples e descanso, aulas para a celebración de obradoiros, ademais das dependencias dos 18 profesionais que traballan neste colectivo (traballadores sociais, psicólogos, fisioterapeutas, persoal de cociña ou limpeza…). Todo isto, financiado na súa totalidade polo Goberno da Deputación con 35.000 euros.
Servizos de ASPANANE
A Asociación de Pais de Nenos e Adolescentes con Necesidades Especiais conta cun total de 224 socios. Esta asociación ofrece servizos de Centro de Día (que ten 16 usuarios) e Centro Ocupacional (que ten 36 usuarios). Prestan servizo de atención e asesoramento a todas as familias que o necesiten; actividades deportivas, culturais ou lúdicas, como ximnasia ou canto; así como obradoiros de carpintería, serigrafía ou tampografía.
Todo isto co fin de integral socialmente ás persoas con discapacidade intelectual. Neste senso, promoven variadas iniciativas coa colaboración de administracións como a Deputación e do tecido empresarial. Por exemplo, o Goberno Provincial financiou con máis de 1.800 euros talleres de Xornalismo e Deportes. ALCOA conta coa participación de usuarios de ASPANANE nos traballos de empaquetado de sobres; e Electrodomésticos Viveiro para a montaxe de pezas neste tipo de aparellos.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



