Cervo, 16 de febreiro de 2017.- O equipo de Goberno de Cervo mantivo na tarde de onte unha xuntanza á que estaban convocados tódolos veciños, asociacións e a hostalería, para abordar a organización das Festas Patronais de San Ciprián e a Maruxaina.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares agradeceu a presenza dos asistentes, pero confesou que “agardaba que respondera a este chamamento máis xente, porque estamos a falar das Festas de San Ciprián, icona desta vila, e necesitamos a implicación de todos para seguir gozando dunhas celebracións que forman parte da identidade da vila e se queremos garantir a súa supervivencia é necesaria a implicación de todos”.
Villares recalcou que o Goberno, sobre o que está a recaer nos últimos anos a celebración das patronais, considera que “as Festas son do pobo, e cremos que o peso da súa organización debe estar nas súas mans, por suposto, co apoio incondional do Concello en todo o necesario, como sempre vimos facendo”.
Neste senso, os presentes coincidiron nesta idea, en que se precisa dun maior compromiso de veciños, asociacións e da hostalería para levar adiante estas celebracións.
Así, logo desta primeira toma de contacto, acordouse convocar unha nova xuntanza a finais do mes de febreiro á que se agarda que asista unha representación ampla do que é San Ciprián.
Así mesmo, dende o equipo de Goberno avanzaron que este ano a Festa da Maruxaina, declarada de Interese Turístico Galego, contará cun plan de seguridade reforzado.
Deste xeito, co fin de velar pola seguridade dos asistentes e como medida preventiva, volveranse pechar ao tráfico ao longo de toda a xornada as rúas do centro de San Ciprián, para facilitar o paso dos vehículos de emerxencia, no caso que fose necesario.
Ademais, incidindo na seguridade, e ao mesmo tempo para salvagardar e protexer a esencia dunha festa senlleira como a Maruxaina, non se permitirá a acampañada nin na vila, nin na contorna.
Entendemos que “a mellor publicidade que lle podemos brindar a esta Festa e a San Ciprián, pasa por conservar o espírito tradicional que a define, e queremos que todos, veciños e visitantes, gocen dunha xornada lúdica e cultural en convivencia, que descubran as raíces desta festa tan nosa, como comunidade mariñeira que é San Ciprián”, apuntou Villares.



















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



