Viveiro, 6 de marzo de 2017. Membros do BNG-Asembleas Abertas de Viveiro e representantes dos colectivos e entidades veciñais promotoras dunha nova iniciativa para instar á sinalización vertical do municipio de Viveiro en diversos puntos de saída da Autovía do Noroeste (A-6) e da autovía do Cantábrico (A-8) reuníronse, esta fin de semana, coa Alcaldesa de Viveiro e membros do seu goberno para presentarlle a iniciativa promovida por 21 colectivos e entidades (entre os que se atopan, Asociación Beiras de Viveiro, Asociación de Comerciantes do Casco Histórico de Viveiro, Xunta de Cofradías de Semana Santa, empresa organizadora do Resurrection Fest, grupo Porto de Celeiro, Cofradía de pescadores de Celeiro, Comunidades de Montes de Viveiro, Chavín e Covas, Asociación de Mulleres Angueiras e Agarimo, Viveiro Fútbol Club, Clube Egovarros, Colectivo Pensamento e Sementeira, Asociación Xulio Trigo, Asociación veciños Xuntanza de Covas e os sindicatos CIG, CCOO, UGT e Unións Agrarias).
Durante a reunión María Loureiro anunciou aos representantes presentes que levaría a moción sobre a sinalización, proposta polos colectivos veciñais, ao pleno municipal do 15 de marzo para o seu debate, comprometéndose a defendela e a buscar o consenso de tod@s os membros da corporación local para aprobala por unanimidade e poder dirixirse unidos a Fomento para reclamar, unha vez máis, a inclusión de Viveiro na sinalización vertical da A-6 e A-8.
Pola súa parte @s representantes do BNG e dos colectivos asistentes a este acto agradeceron a boa acollida da súa proposta por parte do goberno municipal e a súa adhesión a esta vella reivindicación, así como manifestaron a súa satisfacción polo compromiso da alcaldesa da defensa da súa proposta no vindeiro pleno que, recordan os seus promotores, conta co apoio de todos os sectores económicos, sociais, culturais e sindicais do municipio.
Desde o Bng animamos a empresas, forzas políticas, veciñanza e outros colectivos de Viveiro a sumarse a esta iniciativa colectiva e a apoiar ao concello nesta vella reivindicación que cremos xusta e lexitima porque, como di a proposta, aínda sendo un dos concellos con maior potencial económico da Comarca e dos máis importantes da provincia de Lugo segue a ser un dos concellos máis castigados e aillados inmerecidamente, ademais de pola falta de vías axeitadas ao século XXI, pola nula sinalización do municipio de Viveiro na Autovía do Noroeste (A-6) e do Cantábrico (A-8). Unha nula sinalización que dificulta as/aos nos@s visitantes e usuarios destas vías de comunicación a localización do concello de Viveiro e provoca confusión n@ viaxeir@ á hora de buscar a ruta máis accesible cara a Viveiro, incumpríndose de xeito incomprensible un dos obxectivos das normas da Rede de Estradas do Estado que según o propio Ministerio de Fomento non é outra que a de “facilitar a orientación d@s conductores/as”.




















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



