Lugo, 10 de marzo de 2017. O BNG presentou na comisión Informativa celebrada no día de onte unha emenda onde se pretendía deixar totalmente blindados os 20 millóns de euros co que se dota o Plan Único para todos os concellos da provincia. Nesa emenda propúñase unha base de execución onde quedase claro e de forma imperativa e vinculante que non se poderá destinar ningún recurso da Deputación a outro proxecto ata que este Plan Único estea totalmente financiado e en execución.
Tamén se queda limitado a un mes o tempo que ten o goberno para levar a Pleno para a súa aprobación as bases que rexerán o reparto deste fondos da Deputación e, mentres que estas bases non estean aprobadas e publicadas, o goberno non poderá conceder ningún tipo de subvención ou axuda a ningún concello por outra vía.
“Con esta base de execución proposta polo BNG queda garantido sen lugar a dúbidas que 20 millóns de euros se van repartir de forma completamente obxectiva nos 67 concellos da provincia, sen posibilidade de volta a atrás”, manifestou o voceiro do BNG.
Limitación á contratación de persoal asesor
Unha das condicións que se puxera no seu momento por parte do BNG fora que o persoal eventual de apoio aos deputados e grupos políticos, así como o gasto en dedicacións exclusivas de deputados, non se incrementase. Nesta liña, tamén o BNG presentou outra emenda para que se eliminaran da Relación de Postos de Traballo as vacantes que alí figuraban, tanto as que correspondían ao BNG como as que tiña a maiores do aprobado Presidencia e Vicepresidencia.
Esta emenda tamén foi aprobada e incorporada ao proxecto de orzamentos.
Redacción das bases do Plan Único
Dende o BNG tamén se cre que sería positivo que se redactaran as bases de reparto do Plan Único o antes posible para que deste xeito os concellos poidan coñecer rapidamente as cantidades que lles van corresponder e así poidan facer as súas planificacións.
“Cremos que canto antes se faga e canto máis consenso se produza, será máis positivo para o éxito do Plan Único. Incluso consideraríamos moi positivo que se puidera ter un principio de acordo de todos os grupos nestas bases antes do propio Pleno de Orzamentos, pois cremos que iso tamén facilitaría o consenso á hora de aprobar eses orzamentos”, puntualizou o voceiro nacionalista.



















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



