Viveiro a 10 de marzo de 2017. O voceiro do Partido Popular de Viveiro, abaixo asinante, en nome propio e no do grupo municipal do PP, presenta ó Pleno, para o seu debate e aprobación se procede, a seguinte Moción do PP de Viveiro para impulsar un acordo urxente entre os grupos parlamentarios no congreso dos diputados para a tramitación e aprobación dos presupostos xerais do estado de 2017
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Ninguén pode negar na actualidade que, gracias á Lei de racionalización e sostenibilidade da Administración Local de 2013 e ó resto de normas e medidas aprobadas en favor das Corporacións Locais polo Goberno do Partido Popular, o conxunto das Entidades Locais está en superávit e a inmensa maioría de Axuntamentos españois cumprindo coas súas obrigacións de pago. Desta forma desmontase o inxusto estigma do despilfarro co que se tiña etiquetado ós Gobernos Locais.
Este conxunto de medidas ten servido para impulsar un modelo de administración que estimula a boa xestión ó servicio do cidadán, tal e como se demostra coas cifras obtidas polas EELL: 0,44% de superávit en 2015 (en 2011 tiñan un déficit do 0’40% do PIB) e a súa débeda só representa o 3,28% do PIB. O Superávit do 2015 alcanzou os 4.765 millóns de euros e todo indica que se volverá a repetir no 2016.
Hai que por en valor, e así creemos que o está facendo o Goberno de Mariano Rajoy, que máis do 90% dos Concellos teñan superávit e estén axudando ó resto de administracións a cumplir cos seus obxectivos de déficit. As Entidades Locais son as Administracións máis eficientes e máis eficaces na xestión pública e, en consecuencia, hai que corresponderlles con decisións e medidas que faciliten o seu labor, como a revisión e a flexibilización da regla e o teito de gasto.
Precisamente porque a actuación dos Axuntamentos e demáis Entes Locais ten contribuido, sin dúbida, a mellorar o clima e a estabilidade en momentos de grandes dificultades económicas no noso País, é xusto facer valer a necesidade de contar con mecanismos actualizados de xestión que permitan reinvertir ese superávit con maior flexibilidade, suavizando a aplicación da regla de gasto, mellorando a ratio da tasa de reposición e, en consecuencia, a publicación da oferta de emprego público; e todo isto para poder seguir prestando e mantendo os servicios públicos locais, aumentando a súa calidade e, en definitiva, favorecendo a creación de emprego .
Ademáis, o municipalismo español apostou sempre pola modificación simultánea e vinculada da financiación autonómica e a local e a dos seus respectivos tributos, que evite solapamentos, defina os límites competenciais e garantice os recursos necesarios para a prestación axeitada dos servicios públicos.
O novo sistema de financiación local, que estudia a Comisión de Expertos creada ó efecto, deberá aportar máis recursos ás Facendas Locais para que os Gobernos Locais poidan desarrollar de forma adecuada as competencias que teñen legalmente atribuidas conforme ó previsto na Lei. Deberá recoller reivindicacións históricas das Entidades Locais relativas á participación das mesmas nos ingresos do Estado e o desenrolo dun modelo de participación das EELL nos tributos das CCAA, así como o establecemento dos mecanismos de coordinación entre a financiación incondicionada autonómica e a local.
Sin embargo, toda esta planificación pódese vir abaixo si non están aprobadas e en vigor as grandes líneas mestras da economía española a través dos Presupostos Xerais do Estado e todo o conseguido ata agora podería sufrir un retroceso imperdoable do que serían os cidadáns os principais perxudicados e, dentro deles, os máis desfavorecidos, que son os máis directamente beneficiados polas políticas locais.
Non hai que olvidar que vimos de sufrir unha parálise institucional de máis de nove meses desde que se celebraron as Eleccións Xerais en decembro de 2015 e que a repetición de estas Eleccións en xuño de 2016 dictaminou unha composición do Parlamento español que obriga as forzas políticas con representación parlamentaria a entenderse, negociar e pactar.
Especialmente urxente é a negociación que afecta, como xa se dixo, ós PXE porque dela se deriva o mantemento da folla de ruta dos servicios públicos locais ou ben o seu retroceso. Pero non só iso, sin Presupostos non se pode invertir o superávit municipal o que, sin dúbida, irá en detrimento da creación de emprego. Asimesmo, a falta de aprobación da Lei de Presupostos está dificultando a xestión do Fondo de Financiación creado polo Goberno para atender as necesidades financieiras dos Gobernos Locais.
Por isto, o Grupo municipal do PP eleva ó Pleno a aprobación do seguinte acordo:
O Concello de Viveiro insta ós Grupos Políticos con representación parlamentaria nas Cortes Xerais a:
PRIMEIRO. Sentar as bases e alcanzar os acordos necesarios que permitan chegar á aprobación definitiva da Lei de Presupostos Xerais do Estado para o exercicio 2017.
SEGUNDO. Impulsar un amplio acordo para lograr a reforma da financiación local que cumpla coas expectativas dos gobernos locais reclamadas dende fai tempo.
Para o seu coñecemento acordase finalmente, trasladar esta petición á Vicepresidencia do Goberno de España, ó Ministro de Facenda e Función Pública, ós Portavoces dos Grupos Parlamentarios do Congreso e do Senado e á Xunta de Goberno da FEMP.
Antonio J. Bouza Rodil
Voceiro do Grupo Municipal do PP
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



