Hai algún tempo, co título “Turismo cultural e ambiental”, a Universidade de Vigo celebrou un curso de verán, cuxas ponencias chegaron a nós. Delas extraemos contidos que poderían ser motivo de reflexión para quen na nosa bisbarra están na obriga de poñer en valor os recursos turísticos, entre os que ten unha sinalada importancia o patrimonio cultural dos pobos que o forman,según a Unesco : as obras dos seus artistas e artesáns, arquitectos, músicos e escritores; así como as creacións da alma popular; as obras, materiais e inmateriais que expresan a creatividade dese pobo: a lingua,os ritos, as crenzas, lugares e monumentos históricos; a literatura…O patrimonio cultural, en calquera das formas, é un recurso moi significado, e a conservación e respecto, obrigan a non cometer con eles, nen permitir,tipo algún de agresión; é un deber, e unha reponsabilidade, amais de obriga institucional. A experiencia e os estudos din que, a pequena escala, é decir, a local, non é a mais axeitada para a potenciación turística. Os expertos sinalan que é a comarca espazo idóneo para promover, con sensatez e eficacia, o desenvolvemento turístico. “Os museos, dada a propiedade como mediadores culturais, e a diversidade tipolóxica, constituen un importante recurso para o Turismo “, dí a Unesco.
Mondoñedo conta cun importante museo Diocesano;pero pero existen outras facetas de especial relevo na historia do pobo. Próxima a dispoñibildade do de Cunqueiro, tiña que contar xa con un da museo da cerámica popular, o da música e tamén o da prensa e imprenta. Coidamos que non é preciso extenderse nas razón obxetivas, ben coñecidas, que avalan a proposta. En todo caso nós, dende hai moitos anos, propugnamos a Mondoñedo como “cidade dos museos” pola historia e monumentalidade da mesma, para maior esplendor e atractivo da comarca, situada a vella e histórica cidade no centro da mesma.
A suxerencia é compatible coa presencia de museos diversos na bisbarra,onde xa existen, pùblicos e privados, algúns de sinalado interese; e mais que ogallá xurdiran. A rede museística da Mariña, con epicentro na “Cidade dos Museos”, potenciaría a todos e cada un deles. E tamén ós pobos.


















Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



