NOTA DE PRENSA
O BNG DE FOZ PIDE EXPLICACIÓNS AO ALCALDE POLO CESE FULMINANTE DO SEU TENENTE ALCALDE
“Quen vai a pagar as consecuencias son os veciños de Foz”, afirma Basanta
Foz, 4 de decembro de 209.- Diante da nova producida onte do cese fulminante do tenente alcalde Xaime Cancio polo alcalde de Foz, o BNG de Foz ten que manifestar que esta nova escenifica unha vez máis a división interna do grupo municipal socialista, división que o BNG xa denunciara publicamente e da que todos os veciños e veciñas de Foz eran sabedores, xa antes de producirse este feito –ata tal punto de que se falaba de concellos paralelos-. Para o BNG realmente as consecuencias deste feito van a pagalo todos os veciños de Foz e afondará no abandono no que está metido o noso concello desde o principio da lexislatura por parte do goberno municipal, como constatan a maioría dos veciños.
A raíz desta decisión unilateral do alcalde, o BNG solicita que este dea as explicacións pertinentes para tomar esta decisión posto que o argumento esgrimido de que “non se fía del” non nos vale. Se como di o alcalde non se fía do segundo de a bordo do goberno, deberá dar explicacións de cales son os motivos para non fiarse del e que feitos cometeu o Sr. Xaime Cancio para cesalo desta forma. Se é un problema de confianza, o alcalde debe dicir cal é causa desa perda de confianza, senón poderiamos pensar –como moita xente xa pensa- de que é unha cuestión única e exclusivamente de loita polo poder dentro do partido. Cuestión máis grave e que necesita unha explicación sen falta é cando o alcalde para reforzar a súa decisión fala de “velar pola honorabilidade do concello”. A primeira pregunta que todo o mundo se fai é ¿en que se faltou á honorabilidade do concello por parte de Cancio? ou ¿que situacións se produciron para poñer en risco dita honorabilidade?
Os nacionalistas temos interese en saber se o cese de Cancio é unha decisión unilateral de Rivera ou na mesma está secundada polo seu grupo de goberno. Na mesma liña sería bo que aclarase se conta co apoio do PSOE local, se foron consultados os afiliados do PSOE e nomeadamente cal é a posición da dirección provincial e nacional dos socialistas.Non é interese do BNG valorar as decisións de Rivera pero todo indica que pretende aproveitar o seu cargo de Alcalde para desfacerse dos seus adversarios dentro do PSOE.
Preocúpalle ao BNG que as discrepancias que se viven dentro do partido socialista de Foz por motivo da “elección” ou “imposición” do candidato para as municipais próximas se trasladen á vida municipal desta forma e lle sirvan ao alcalde para acumular máis poder ou pretender perpetuarse nel, unha vez que xa anunciara que non volvería a presentarse ás eleccións. A gravidade desta forma de actuar é que non se pensa no interese xeral e na mellor xestión dos asuntos municipais senón só na comenencia persoal de cada un.
Diante de todos os casos que se viñeron producindo, por activa ou por pasiva, tanto no Partido Socialista –cese do tenente alcalde- como no Partido Popular –dimisións de dúas concelleiras e renuncia do seu cabeza de lista- o único partido que demostra unión e estabilidade, cun proxecto claro para Foz é o Bloque Nacionalista Galego. E precisamente iso é o que demandamos dos demais grupos políticos da corporación: que pensen máis nos veciños e no ben público que nos intereses particulares e partidistas de cadaquén.
























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



