NOTA DE PRENSA
O PP considera que PSOE e BNG deben romper o pacto en Burela, porque “está agotado”.
Os populares aseguran que a cidadanía descoñece o grado de cumplimento do pacto.
Bruno Pedre afirma que non se coñecen os proxectos previstos hasta as eleccións municipais.
O PP de Burela manifestou hoxe, a través de Bruno Pedre, que xunto con Raquel Río exercen de portavoces do Comité Local do partido, que tal e como dixo hai uns días Pérez Touriño, PSOE e BNG deben romper o seu pacto en Burela, porque non foron capaces ningún dos dous a gañar as eleccións municipais de 2007, e porque o bipartito municipal é un “desgoberno dos perdedores”.
Bruno Pedre afirmou que “os bipartitos non teñen presente, e tampouco teñen futuro, porque non hai proxecto”. E en Burela, segundo Pedre, “esto está máis que demostrado, porque no seu día se dixo publicamente que cada ano se faría un balance do pacto de bigoberno burelés. Nada de eso se fixo, os cidadáns non sabemos cal é o balance que fan PSOE e BNG, pero o peor é que descoñecemos cales son os proxectos que teñen desde agora hasta as eleccións municipais de 2011”.
Polo tanto, os populares consideran que o bigoberno burelés está agotado. “Hai tensións, falta comunicación interna e por riba están levando ó concello a unha situación económica realmente preocupante”. Bruno Pedre foi máis alá, e asegurou que “Touriño tiña razón o outro día, porque en Burela ocurre o mesmo, o bloque está a crear unha rede clientelar, a base de subvencións e de chalaneos, aproveitando o concello desde un punto de vista totalmente partidista, co consentemento de Llano, que mira para outro lado co único fin de non perder o poder, xa que o único fin que os moveu no seu día a pactar foi precisamente o poder, e evitar por todos os medios que o PP non gobernara”.
Finalmente, os populares esixen publicamente que tanto PSOE coma BNG digan canto antes se rompen o pacto, ou se contan mantelo en 2011 no caso de que o PP non saque a maioría suficiente para gobernar. “Visto o visto, os cidadáns teñen dereito a saber que se vai facer cos seus votos en 2011, e teñen dereito a sabelo canto antes”.
















Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



