Foz 27-3-17. A asociación cultural Ta en artes, solicita do concello de Foz e a mancomunidade da Mariña que o centro comarcal denominado CENIMA , na planta na que habitualmente se celebran exposicións, sexa formalmente declarada sala das expresións creativas artísticas, para que deste xeito a Mariña teña un lugar na que tanto a inquietude artística da comarca coma a do resto de persoas interesadas en utilizar ese espazo podan mostrar os seus traballos. Entendemos que unha arquitectura coma esta, ten que ter as condicións e posibilidades indispensables para acoller un programa de actividades que coloquen á Mariña no lugar do mapa creativo que lle corresponde, polo número de creadores que tanto na comarca coma fora dela realizan o seu traballo.
Unha sala destas características necesita de financiación e un equipo responsable para programar anualmente os actos que se podan celebrar dentro do recinto expositivo. Non entramos no xeito de organizar esta infraestrutura,( que para iso existe xente preparada e competente) pero si a necesidade da súa existencia.
Vivimos un momento no que a Mariña recibe visitantes que van en aumento cada ano. Cremos no noso Patrimonio Cultural coma un valor que forma parte do orgullo da comarca na que vivimos, como ben educativo, cultural e económico, apartado este último na que as administracións solen esquecer para o desenvolvemento creativo. A capacidade organizativa das Asociacións culturais da Mariña,centros educativos, e demais axentes culturais, é ben coñecida en cada concello, onde desenvolven a súa vida diaria. Cecais, sería bo que , este centro interrelacionara traballos e experiencias que se coñecesen en toda a Mariña, programando e realizando actividades que estendese o radio de influenza fora da bisbarra.
Así mesmo a posibilidade de compartir con artistas de fora da comarca, este espazo, que enriquecería e impulsaría factores económicos asociados ó factor turístico que tanto se enfatiza , a maioría das veces, dende parcelas restrinxidas. A Arte e o seu mundo creativo confecciónase para os usos que cada quén teña a necesidade de usala e funciona de xeito activo economicamente, e non da función contemplativa, coma sole usarse.
Dende a celebración da Cuarta edición da Semana das Artes, un proxecto que se foi fraguando pola colaboración de artistas, centros educativos, asociacións e concellos , dun xeito sempre altruísta, solicitamos o espazo do CENIMA como algo estable e dotado economicamente, para seguir aspirando a un desenvolvemento non solo das nosas actividades que desenvolve Ta en artes, senón, ademais, de todas aquelas iniciativas que podan encher este espazo de sentido e referencia cara ó futuro.
Dende a catedral das catedrais como San Martiño, expoñente do patrimonio histórico, ata nosa paisaxe, lingua, arqueoloxía, artesanía, en definitiva, todo o que podamos ter de patrimonio común, existe a necesidade educativa e económica para poder desenvolver as emocións territoriais dende outra óptica.
Dirixímonos a vostedes : PRESIDENTE DA MANCOMUNIDADE, SR ALCALDE DE FOZ, CONCELLEIROS E PARTIDOS POLÍTICOS DAS CORPORACIÓNS MUNICIPAIS, DEPUTACIÓN PROVINCIAL, para que o CENIMA teña a sala e dotación económica necesaria para realizar unha actividade a altura do prestixio que os creadores e cidadáns da Mariña se merecen.
Pedro Cabarcos e Xerardo López.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



