Lugo, 28 de marzo de 2017. Todos os Deputados do Partido Popular abandonaron este martes a sesión plenaria da Corporación Provincial xusto cando se ía a votar a reprobación das declaracións machistas e en contra da dignidade das mulleres do que é o máximo responsable na provincia do Goberno Central de protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades, así como de garantir a seguridade cidadá. Estas competencias recaen no Subdelegado do Goberno en Lugo, que dixo: “NON SE PODEN CONSIDERAR UNHA AGRESIÓN SEXUAL. HOUBO UNHA INTIMIDACIÓN E UN ACERCAMENTO, INCLUSO ALGÚN TOCAMENTO”.
O PP xustificando a súa postura cos seguintes argumentos, que foron replicados polo voceiro provincial socialista, Álvaro Santos Ramos:
1.- O PP non reprobou estas declaracións machistas porque o Subdelegado rectificou e pediu perdón esta mañá, 15 días despois.
– Santos Ramos dixo que se o Subdelegado rectificou e pediu desculpas é porque que el mesmo parece que se deu conta, semanas despois, que son intolerables estas afirmacións en contra da honorabilidade das persoas, máis aínda, cando as fai o máximo responsable do Goberno de España na provincia de Lugo da súa protección e defensa. Tendo en conta que o propio autor destas declaracións rectifica e pide desculpas, confirmando a gravidade das mesmas, non se pode entender que o Partido Popular non as reprobe.
– O voceiro remarcou que a moción non pide a dimisión do Subdelegado nin o seu nomeamento como persoa non grata. Pide que a Corporación da Deputación de Lugo diga non a declaracións machistas. Pide a reprobación do que é o máximo responsable na provincia de Lugo por parte do Goberno Central de protexer os dereitos e igualdades dos veciños e de garantir a súa seguridade por desculpar aos agresor por facer tales afirmacións. Pide medidas ao Estado para defender en todo caso ás vítimas, como non se fixo neste caso. E pide pór en coñecemento do Presidente do Goberno Central e da Delegación do Goberno en Galicia o acontecido pola súa gravidade.
2.- O PP non reprobou estas declaracións machistas porque as considera iguais as doutros representantes institucionais.
– Para o PP é o mesmo dicir que: “NON SE PODE CONSIDERAR UNHA AGRESIÓN SEXUAL COMO TAL. HOUBO UNHA INTIMIDACIÓN E UN ACERCAMENTO, INCLUSO ALGÚN TOCAMENTO”, que: “é un caso puntual. A Policía Local está a intensificar a vixilancia na zona. É lóxico que se cree certa alarma social pero temos que evitar que se produza”.
Son as declaracións da Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, ao respecto dunha violación na capital luguesa, que o Partido Popular considera iguais ás do Subdelegado. Por este motivo, hoxe a súa voceira se encargou de emitilas a través dun móbil, que achegou aos micros do Salón de Plenos, para que as escoitasen os membros da Corporación Provincial e asistentes á sesión plenaria.
3.- O PP non reprobou estas declaracións machistas porque cree que se utiliza a Deputación con fins partidistas.
– O voceiro do Goberno lembrou que os representantes da Deputación de Lugo teñen a obriga de defender aos veciños da provincia. Polo tanto, todos os membros da Corporación Provincial debemos rexeitar calquera feito que atente ao honor e defensa dos cidadáns.




















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



