Cervo, 04 de abril de 2017.- Un grupo de 32 alumnos de primeiro e segundo de primaria do CEIP de Cervo visitaron esta mañá o Concello.
Foron recibidos polo alcalde, Alfonso Villares e pola edil de Educación, Dolores García, e puideron percorrer a maioría dos recunchos do consistorio, coñecendo de preto o funcionamento da súa administración máis cercana.
Villares sinalou que “que é importante achegar a figura dos políticos aos máis pequenos, que poidan tomar contacto coa Administración Local e co persoal que traballa no seu propio Concello, que vexan de preto o organigrama que o conforma e como se toman as decisións”
O rexedor destacou o interese que amosaron os nenos e nenas durante toda a visita e a súa curiosidade, xa que nos plantexaron tanto políticos como ao persoal municipal moitas cuestións relacionadas co labor que se desenvolve dentro do Concello e o papel que desempeña o Goberno Municipal.
Ademais, Villares tamén recibiu hoxe a un grupo de alumnos de intercambio que están a convivir esta semana con familias de Cervo, froito dun programa educativo que vén deselvolvendo o IES Marqués de Sargadelos, periodicamente.
Son 10 rapaces e rapazas, de entre 13 e 15 anos, naturais da localidade francesa de Poilly-lez-Gien, ubicada no Val do Loira.
O alcalde amosoulles as instalacións municipais e explicoulles o funcionamento do Concello, desexándolles unha estancia do máis agradable en Cervo, e convidándoos a que coñezan os diferentes atractivos do municipio.
Villares destacou “a importancia para o crecemento persoal deste tipo de intercambios culturais, que contribúen a desenvolver as habilidades comunicativas dos alumnos, ao tempo que lles permiten coñecer novas lugares e perfeccionar un idioma estranxeiro”.
A principios de maio os alumnos do IES Marqués de Sargadelos devolveranlles a visita, e pasarán unha semana convivindo con familias francesas.



















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



