Ribadeo 5-4-17. Con data de saida do 24 de marzo, cinco semanas fora do prazo legal de resposta, un representante de Por Nuestro Faro recibiu a contestación a un xa lonxano par de escritos (de 9/12/16 e un segundo de 16/1/17, lembrando o anterior) no que se pedía que se comunicara a existencia dun informe de non afección á Rede Natura 2000 e Estudo de Impacto Ambiental en relación ó proxecto de instalación dun hotel de dúas suites e unha cafetería exterior, aparcamento, etc, na illa pancha. O documento contén abonda prosa en xerga administrativa e acompaña unha resolución.
Despois de facer unha análise do recibido, chegamos a varias conclusións. Entre elas:
1.- Como xa ten comentado o Defensor del Pueblo, non ten o informe de non afección a Rede Natura 2000, a pesar de que, di o documento, foi pedido no 10 de outubro pasado. O feito é ese. Aínda máis, omítese o aparcamento ou a máis mínima referencia aos esixidos estudos de impacto da actividade. A discordancia entre petición e non cumprimento da mesma pode ser debido á chapuza de Medio Ambiente ou a outras posibilidades que preferimos non mencionar.
2.- Segundo a documentación, no apartado ‘Obxecto da actuación’ da resolución de data 21 de outubro de 2016, produciuse un novo cambio na petición sobre as actuacións no faro, pois fala de ‘dous apartamentos turísticos de 16,59 m2 e 36,92 m2’, que non corresponderían a dous apartamentos semellantes mesmo en prezo que son anunciados, a máis do contraste que ofrecen ditas medidas con que a planta do edificio, segundo o documento, teña 134 m2, cambios e contrastes que non son comentados pola administración.
3.- Curiosamente, as dúas peticións da empresa ás que fai referencia o documento recibido prodúcense a finais de setembro e en outubro pasados, sendo na última na que se fala de que o proxecto é de outubro de 2016, meses despois de concedida a licenza de obra polo concello. Licenza que, tamén curiosamente, é incluída entre os documentos da primeira das peticións referidas, e citada expresamente na contestación recibida por nós a modo de respaldo do procedemento.
4.- O documento fala dunha condición, que se cita expresamente: “Extremaranse as precaucións na retirada da capa vexetal e na escavación necesaria para a instalación da fosa séptica co fin de evitar a propagación ou dispersión de ‘Carpobrotus edulis’ (uña de gato)”. Nas fotos tomadas como testemuña da remoción de terra e traslado da mesma fóra da illa, que denunciamos no seu momento, aparece entre a mesma a uña de gato amontoada xunto coa terra removida, esperando o seu traslado días despois. Polo que parece, non demasiadas precaucións.
Non nos queda máis que concluír que séguense a acumular irregularidades de diversa gravidade en torno á illa Pancha para lograr escamotear, de xeito definitivo, o común e as normas ambientais en favor dun par de apartamentos -antes prevíase un hotel- privados.
Antonio Gregorio, Por Nuestro Faro




















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



