Viveiro 5-4-17.O Balonmán Galipizza Viveiro sufriu na pista do UB Lavadores a súa quinta derrota da tempada (29-27), un resultado que afasta aos de Javi Villares da loita pola segunda praza e pon en serios apretos a terceira, que daría dereito a disputar o play off de ascenso cun equipo de Primeira Autonómica. De feito, con este resultado, o conxunto vigués supera aos mariñaos na táboa.
O gran protagonista do encontro foi o porteiro local Buxó, que se converteu nun auténtico muro para os xogadores visitantes. Parou balóns de todas as cores, catro lanzamentos desde os 7 metros e varios contragolpes, incluído un nos últimos segundos que lle podería dar o empate aos de Viveiro.
Os da cidade do Landro comezaron o encontro moi metidos e volvendo demostrar un nivel moi alto en defensa. Deste xeito, os de Lavadores só foron capaces de anotar dous goles nos primeiros dez minutos, pero a renda visitante non superou os tres goles grazas a que Buxó mantiña ao seu equipo no encontro coas súas primeiras intervencións de mérito.
Igualouse o tanteador cando se superaba o ecuador da primeira metade e o Galipizza volvía coller unha pequena renda de tres goles cando restaba pouco para o descanso, pero cinco minutos moi malos, nos que os da Mariña pode que acusaran a intensa calor que facía no pavillón, fixeron que os olívicos conseguisen que o choque chegara con paridade total ao intermedio: 13-13.
O segundo tempo foi unha loita de poder a poder entre dous equipos que en ningún momento se conseguían despegar do rival. Así se entrou nos últimos dez minutos nos que os locais disporían dunha renda de dous tantos cando restaban pouco máis de cinco minutos para a conclusión. Porén, os azuis conseguían igualar a contenda e todo se decidiría nos últimos 60 segundos, nos que os vigueses estiveron máis atinados e isto serviulles para facerse cos dous puntos.
Con 28-27 no electrónico atacaban os locais para poñerse dous goles por diante, pero Carlos forzaba unha falta en ataque a 25 segundos do final e Javi sacaba un contragolpe rápido que deixaba a Turbo só diante dun Buxó que volveu baixar a persiana para evitar o empate viveirés. O rexeite sería para os xogadores do Lavadores, que case sobre a bucina lograban o 29-27 definitivo. Xarro de auga fría para uns rapaces do Galipizza que non obtiveron recompensa ao enorme esforzo que realizaron o sábado en Vigo.
O cadro de Viveiro recibirá este sábado a visita do Bueu, o líder da categoría. O encontro dará comezo ás 20 horas no Municipal da cidade do Landro e o Galipizza está obrigado a ganar para manter as súas aspiracións de ascenso.
UB LAVADORES (29): Buxó; Estévez, Sandoval (5), Pablo, Villasenín (1), Varela, Rial (4), Alonso, Pozuelo (3), Mariño (4), López, Covelo, Martínez, Rubén (7), Noguerol (3) e Iago.
Exclusións: Pablo, Mariño e López.
GALIPIZZA VIVEIRO (27): Emilio e Peña; Jose Labaén, Carlos (2), Javi (7), Ignacio, Villares, Fede (3), Turbo (5), Andrés, David (2), Sanjurjo (3), Jacobo e Aitor (5).
Exclusión: David.
Resultado cada 5 minutos: 2-2 / 2-5 / 6-7 / 7-8 / 10-11 / 13-13 (Descanso) // 16-16 / 18-18 / 21-21 / 23-22 / 25-24 / 29-27.
Árbitros: Damián Pedrouso e María J. Álvarez.
Incidencias: Boa entrada no pavillón Municipal de Lavadores (Vigo).




















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
