Foz 5-4-17.Este pasado xoves 30, ven de celebrarse o pleno da Corporación Municipal do mes de marzo do Concello de Foz.
No punto número 3 da Orde do día figuraba a proposta de alcaldía para a aprobación inicial dos orzamentos 2017.
Dicir que estes presupostos que nos presenta o equipo de goberno do concello de Foz están moi condicionados e hipotecados pola débeda coa empresa de “Gestagua” que ascende a 1.078.000 euros aproximadamente, despois de que o xulgado do contencioso administrativo nº 2 de Lugo ditase un auto que obriga a execución forzosa da sentencia para pagar de maneira inmediata as cantidades que o concello ten coa empresa.
No pasado mes de xuño xa advertíamos de que non se incluía ningunha partida presupostaría para facer fronte a esta débeda. O Sr. Alcalde non quixo facer caso.
Preguntamos, tamén no pleno, si era certo que a empresa se había ofrecido a repartir o pago da débeda, o que nos respondeu que si, pero que el non o consideraba necesario.
Non estamos de acordo coa forma arbitraria que tivo o Sr. Alcalde nos últimos tempos con este tema, despois de ter 4 reunións de portavoces e ter o documento avanzado, decide por si mesmo, sacar das distintas partidas, o seu gusto, as cantidades que se ten que pagar a empresa do servizo de augas.
Agora haberá que esperar o remanente para poder facer fronte a obras importantes para os nosos veciños.
Neste presupostos, pódese comprobar, como o paso do servizo de recadación a Deputación provincial non dá os resultados económicos que debería e supón pagar a maiores 40.000 euros polo servizo.
O sr. Alcalde coa súa política de non cubrir os postos vacantes de traballadores e de facer a maioría das obras con persoal externo o concello, significa que a día 21 de decembro de 2016 hai no concello un total de 1.088.000 euros aproximadamente de facturas sen aprobar, que se terá que facer fronte co remanente. Isto quere dicir que si non se aproban as facturas de gastos pendentes, teñan reparos de intervención ou non, non haberá cartos do remanente para inversións. Inda así teremos novamente 6 meses para executar uns presupostos de todo un ano. “Gran xestión económica do equipo de goberno”.
O concello leva case un ano sen cubrir unha praza vacante en radio Foz, por unha excedencia de 2 anos. Acabará dita excedencia e seguirá sen cubrir a vacante, co gran prexuízo para os demais empregados que a día de hoxe están sen desfrutar das vacacións do ano 2016 e coas dúbidas de si poderán ou non desfrutar das do 2017. Explotación, ilegalidade, irresponsabilidade, ¡non sabemos moi ben como chamarlle a esta situación!
Demandamos que o plan de emprego se poña a funcionar o antes posible e se dote unha partida económica de 200.000 euros. A policía local leva sen reforzar durante os meses do verán varios anos, e, para o noso grupo, é un tema importantísimo para reforzar a seguridade cidadá nestas datas de tanta afluencia de visitantes e residentes. Xa o pasado verán tivemos varios exemplos de altercados na zona de copas de Foz que alteraron o normal desenvolvemento das actividades dos locais de hostalería, e debería poñerse remedio, empezando por facer as xestións oportunas para reforzar este servizo.
Rematamos este apartado dicindo que ninguén nos pode quitar o dereito o “pataleo” e que “nunca tan fácil o tivo o alcalde para aprobar uns presupostos como nesta ocasión”.
O noso voto foi abstención.
No punto número 4 da orde do día figuraba a proposta de alcaldía para a aprobación definitiva para a remodelación da Avd. Álvaro Cunqueiro.
Foz Plataforma de Futuro, demandamos en varias ocasións a exposición pública do proxecto de remodelación de esta céntrica avenida. Dita exposición foi feita e só houbo unha alegación, que non se nos fai chegar, senón que recibimos as respostas dos técnicos do proxecto a dita alegación.
Nas respostas a esta alegación aparecen varios aspectos que noso grupo reclamou como mellora do proxecto, como a creación dunhas bolsas de aparcamentos, que deberían estar activas antes do inicio das obras. Demandamos a construción da rede de augas pluviais, ata agora inexistente, renovación da rede de saneamento e renovación da rede de auga, o cal se tivo en conta no proxecto.
Estas alegacións tiñan que servir para mellorar a conciliación das obras e da vida diaria da rúa, e débese tomar boa nota por parte do concello, da empresa redactora e da empresa construtora.
O noso voto foi abstención, e grazas a el o proxecto pode seguir o seu curso, xa que o resto da oposición votou en contra.
No punto número 5 da orde do día figuraba a proposta de FPF para solucionar os problemas co saneamento no barrio da Espiñeira en Vilaronte.
Na parroquia de Vilaronte, no barrio da Espiñeira, atópase a EDAR que sirve para tratar e depurar as verteduras que xera esta parroquia. Dende fai un tempo esta EDAR non está funcionando como debera, motivada polo atrancamento do tubo xeral que chega a dita depuradora. Recibimos numerosas queixas de veciños e veciñas que nos denunciaron que a escasos 100 metros da EDAR se encontra unha arqueta que rebosa os residuos a unha finca particular con vivenda e mais o rio que cruza dita parroquia.
Isto leva consigo que a EDAR de Vilaronte practicamente non está en funcionamento, xa que non chegan residuos, e ó mesmo tempo estanse estes residuos vertendo sen depurar ó “Rego da Baesta” co conseguinte dano medioambiental e de salubridade.
Novamente volvemos a traer esta moción a Pleno, trouxémola o pasado 03-11-2015, sendo aprobada por unanimidade despois de incluír nela unha emenda do PP. Nestes case dous anos que pasaron non se fixo absolutamente nada, non recibindo nin os partidos da oposición resposta ningunha por parte de ningunha administración afectada. Estes problemas que FPF denunciamos no ano 2015 non fixeron mais que ir a máis, máis atrancamento do colector xeral cara a EDAR, mais desperfectos na propia EDAR polo afundimento do terreo, e a maiores os veciños daquel barrio manifestan o seu malestar pola imprudencia de verter directamente ó coñecido como “Rego da Baesta”, incrementando o problema cun cheiro que sae desta arqueta importante.
Por todo isto instamos ó Sr. Alcalde do Concello de Foz e ó seu equipo de Goberno a que faga as xestións necesarias para solucionar dito problema, dende FPF dámoslle dúas posibles solucións:
Cada ano facer unha limpeza total deste tubo para que volva a facer o seu cometido, ou ben, facer as xestións necesarias ante a Xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente) para volver a facer a canalización e que leve a caída suficiente para o seu correcto funcionamento.
Así mesmo tamén solicitarlle que faga as xestións necesarias ante a Xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente) para solucionar as deficiencias existentes na Edar de Vilaronte, pois ó estar construída nunha zona moi húmida, está afundíndose no terreo, o que está producindo grandes fisuras nas súas instalacións.
Instar á Deputación Provincial de Lugo á canalización de augas pluviais da vía da cal é titular e transcorre dende a Espiñeira ata o cruce coa estrada que vai dende “Os Camioneros” a Ferreira.
A moción foi aprobada pola maioría dos membros da corporación.
No punto número 6 da orde do día figuraba a proposta de FPF para facer as xestións necesarias coas distintas administracións afectadas, para proceder á limpeza das beiras e leito do “Rego da Baesta”
Instar ó Sr. Alcalde e o equipo de Goberno do Concello de Foz, a facer as xestións necesarias coas distintas administracións afectadas, para proceder á limpeza das beiras e leito do “Rego da Baesta”, sobre todo ó seu paso polo barrio da Espiñeira. Dende “Foz, Plataforma de Futuro” entendemos que esta limpeza se debería realizar a partires desta primavera do 2017 para telo en boas condicións para o vindeiro inverno e non ter que lamentar ningún dano material, pero sobre todo persoal.
A moción foi aprobada pola unanimidade dos membros da corporación.
No punto número 7 da orde do día figuraba a proposta de FPF para facer as xestións necesarias para a mellora do aspecto da praza Conde de Fontao.
A praza Conde de Fontao é unha das zoas máis concorridas do noso pobo ó encontrarse na zoa portuaria, ademais de ter un bonito parque e estar nunha zoa privilexiada.
Nos últimos tempos dende “Foz Plataforma de Futuro” vemos algún aspecto que deberíamos intentar mellorar. No muro da igrexa atópase un mural con fotos antigas de Foz, un mural feito en madeira que co paso dos anos vemos que foi sufrindo un importante dano a consecuencia dos fenómenos meteorolóxicos os que está exposto tanto a madeira coa que foi feito como as propias fotos. Realmente este deterioro das madeiras deste mural faise perigoso para a integridade física das persoas que por alí pasan habitualmente ou ocasionalmente.
Así mesmo podemos comprobar como nesta zoa, e xustamente diante dos paneis das fotos, están colocados os contenedores do lixo, o que dan unha mala imaxe desta zoa de visita.
Por todo isto, instamos ó Sr. Alcalde e o equipo de Goberno do Concello de Foz, á reparación do material do mural existente no muro da igrexa, e á reposición das fotos danadas co paso do tempo e, a facer as xestións necesarias para o soterramento dos contenedores existentes na Praza Conde de Fontao.
A moción foi aprobada pola unanimidade dos membros da corporación.
No apartado de mocións de urxencia, Foz Plataforma de Futuro presenta dúas mocións para o seu debate. Estas son:
Moción para apoiar as persoas transexuais do noso concello, condenar a mensaxe de odio da organización “Hazte oir” e solicitar ó parlamento galego unha lei galega de identidade de xénero.
Recentemente puidemos coñecer a través dos medios de comunicación como unha nai focense, Rosa Lousas Fernández, denunciaba incomprensión e a falta de acompañamento por parte do colexio público ó que asiste o seu fillo transexual onde non se respecta a identidade sexual do menor, posto que non se dirixen a el polo seu nome sentido o que se traduce en faltas de respecto por parte dos seus compañeiros e o consecuente prexuízo cara o menor que se pode chegar a sentir excluído ou non comprendido. A pesar de que o colexio non está situado no noso Concello, debemos solidarizarnos con esta nai de Foz e expresarlle todo o apoio que precise para que a identidade sexual do menor prevaleza en todo momento.
Por outra banda, neste mes de marzo saía polas rúas da cidade de Madrid un autobús propiedade da organización ultracatólica “Hazte Oir” rotulado cunha mensaxe de odio e desprezo polas persoas transxénero. Non podemos consentir que na nosa sociedade se transmitan este tipo de mensaxes e que non teñan consecuencias para aqueles que as difunden por non contar con leis de igualdade de trato e non discriminación das persoas LGTBI efectivas e con poder sancionador. En Galicia contamos dende o ano 2014 cunha lei deste tipo, “Lei 2/1014, do 14 de abril pola igualdade de trato e non discriminación de lesbianas, gais, transexuais e intersexuais de Galicia”, sendo Galicia unha das primeiras comunidades en lexislar nesta materia. Sen embargo co paso do tempo esta lei está a ser considerada insuficiente polos colectivos implicados en relación coa problemática e a discriminación que lle afecta ás persoas trans, tanto ás adultas como ás familias de menores trans.
Galicia carece por tanto dunha lei que a sociedade está a demandar, trátase dunha “Lei galega de Identidade de Xénero”, unha lei moi necesaria na que se despatoloxice a transexualidade, se garantan os servizos médicos que poidan precisar e para que todas as persoas transxénero poidan sentirse seguras, respectadas, recoñecidos os seus dereitos e desfruten dunha igualdade real con respecto ó resto dos cidadáns e con poder sancionador para aqueles ou aquelas que a incumpran.
Por último, dicir que o día 15 de marzo foi o “Día da Visibilidade Trans”, un día moi necesario para acadar a despatoloxización deste colectivo na sociedade. Non podemos deixar que nenos e adolescentes trans se sintan estigmatizados ou excluídos. A transexualidade é unha identidade máis dentro da diversidade humana e así deben ser tratados e non como enfermos. A día de hoxe sigue sendo un colectivo con elevado risco de exclusión social.
Por todo o exposto:
Instamos a esta Corporación Municipal a condenar a falta de respecto cara a identidade sexual do menor transexual fillo da focense Rosa Lousas Fernández.
Instamos a esta Corporación Municipal a condenar a mensaxe de odio difundida pola organización “Hazte Oir” e solicitar as institucións que correspondan para que impidan que este autobús siga a circular polas rúas do Estado e esta organización non reciba ningún tipo de subvención pública.
Instamos a esta Corporación Municipal do Concello de Foz a solicitar ós grupos parlamentarios presentes no Parlamento Galego a tomar en consideración o borrador de “Lei Galega de Identidade de Xénero” presentado polas asociacións LGTBI ARELAS, AMIZANDO e ULTREIA, asociacións galegas que defenden os dereitos da comunidade trans, así como de activistas e especialistas en dereito, educación e sanidade que veñen traballando na elaboración deste borrador, e acorden así na actual lexislatura unha nova norma legal que lle dea resposta satisfactoria ás demandas das persoas transexuais, e lograr así a igualdade real e plena no goce dos seus dereitos e liberdades.
Instamos ó Sr. Alcalde e o equipo de Goberno do Concello de Foz a colocar do balcón principal desta Casa Consistorial a bandeira do colectivo LGTBI o día 28 de xuño para recoñecer institucionalmente o “Día do Orgullo LGTBI” e fomentar así a tolerancia e a diversidade no noso Concello para coas persoas deste colectivo e demostrar que Foz é un pobo aberto, tolerante, diverso e solidario.
A moción foi aprobada pola maioría dos membros da corporación, só o PP se abstivo, por que din que non se posicionan nestas “demandas morais”. ¿Non será que vostedes teñen unha dobre moral?
Moción para instar a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a conceder a oferta de ciclos formativos de FP aprobada polo IES de Foz.
No Consello Escolar do IES de Foz ven de aprobarse, o solicitar da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a implantación para o vindeiro curso académico do Ciclo de grao Superior de Dirección de Servizos de Restauración pertencente o departamento de hostalería e o Ciclo de grao Superior de Márketing e Publicidade pertencente o departamento de comercio.
Foz Plataforma de Futuro considera imprescindible para o desenrolo profesional dos mozos e mozas da nosa comarca e os que non o son, ampliar a oferta educativa do noso instituto en dous sectores tan importantes no mundo laboral e empresarial da pequena e mediana empresa como son os da hostalería e o comercio. Sectores nos que hai unha gran demanda de profesionais e que están directamente relacionados cunha das mais importantes fontes de ingresos da comarca como é o turismo.
O IES de FOZ dispón dunha boa oferta formativa, agás de FP, principalmente de grao superior que a día de hoxe só dispón de un, sendo un dos centro de ensino secundario da mariña que menos ciclos de FP oferta, comparado con poboacións semellantes como Ribadeo, Burela ou Viveiro.
Por todo isto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación e posterior apoio do seguinte acordo:
Instar a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a implantación no IES de Foz, para o vindeiro curso académico dos Ciclos de Grao Superior de Dirección de Servizos de Restauración e o e Márketing e Publicidade.
A moción foi aprobada pola unanimidade dos membros da corporación.



















Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



