Lugo, 5 de abril de 2017. A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, informou este mércores da apertura do prazo para concorrer ao programa Buxiganga. Trátase da iniciativa posta en marcha polo Goberno da Deputación para dinamizar a actividade cultural nos 67 Concellos da provincia, cun orzamento de 40.000 euros, para dar a coñecer e promover a actuación de grupos de teatro afeccionado lucenses.
García Porto subliñou que “con este proxecto queremos potenciar as artes escénicas na nosa provincia. Facémolo dende a vertente do teatro afeccionado, debido á gran cantidade de escolas de teatro municipais coas que contamos, e que son a verdadeira base que nutre as artes escénicas profesionais de toda a provincia de Lugo”.
A Deputada lembrou que “na pasada edición actuaron nos municipios da provincia máis de 40 grupos de teatro afeccionado, participando ao arredor de 400 actores, o que da boa conta da importancia de apostar por este tipo de iniciativas, coas que potenciamos o teatro como un elemento de transmisión cultural, ao mesmo tempo que dinamizamos a nosa lingua e fomentamos a actividade lúdica e social nas nosas vilas”.
Bases e prazos
Buxiganga está dirixido tanto aos municipios da provincia, que poderán solicitar a celebración de actuacións entre os meses de maio e outubro, como a aquelas asociacións sen ánimo de lucro, que estean xuridicamente constituídas e que teñan entre as súas finalidades a promoción da cultura. As agrupacións e Concellos que desexen participar nesta convocatoria teñen ata o día 18 de abril para presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral da Deputación.
Os cachés das actuacións serán os seguintes:
-Grupos de 6 a 8 persoas: 500 €/función (tendo as 3 representacións 450 €/función)
-Grupos de 9 a 12 persoas: 750 €/función (tendo as 3 representacións 700 €/función)
-Grupos de 13 ou máis persoas: 850 €/función (tendo as 3 representacións 800 €/función).
Dese caché, a Deputación subvenciona o 80% do custo das actuacións, e os Concellos ou asociacións asumen o pagamento do 20% do custo de cada unha delas, para o que poderán cobrar unha entrada simbólica que en ningún caso poderá superar os tres euros (3 €).
Na páxina web da Deputación (www.deputacionlugo.gal) hai un espazo habilitado no que se poden consultar todas as bases do programa e os documentos que se deben cubrir para entregar a solicitude no Rexistro Provincial.





















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



