Lugo, 05 de abril de 2017. O Goberno da Deputación xera outros 8 postos de traballo en 2 Concellos da provincia a través do DEPUemprego, o plan que o Executivo Provincial dotou de 3 millóns de euros para financiar os custos laborais de novos traballadores nos 66 municipios lugueses de menos de 20.000 habitantes. Está aberta a solicitude dos 5 empregos que a Deputación ofrece en Lourenzá e dos 3 postos ofertados no Valadouro. Máis información en www.deputacionlugo.gal e nos propios Concellos, onde se fan as inscricións.
– En Lourenzá, ofértanse 5 postos: 1 técnico en turismo, 1 albanel, 1 carpinteiro, 1 xardineiro, 1 peón de limpeza. Os prazos poden consultarse no propio municipio.
– No Valadouro, ofértanse 3 postos: 1 operario condutor, 1 operario de mantemento, 1 operario condutor-tractor. O prazo de selección remata o 7 de abril.
A estes novos empregos súmase a oferta do Concello de Outeiro de Rei para a contratación de 6 operarios de servizos múltiples, cuxo prazo está aberto ata o 12 de abril e que xa foi anunciado en anteriores datas.
As ofertas en proceso de selección súmanse aos 208 postos convocados anteriormente, polo que xa son 222 os postos que en total o Goberno da Deputación leva xerado en 57 municipios na provincia a través do DEPUEMPREGO. Cómpre destacar que plan inclúe en total 263 postos de traballo, polo que nas vindeiras semanas aínda se xerarán outros 41 empregos.
Distribución dos 208 traballadores
Tendo en conta as cifras anteriores, e á espera da vindeira incorporación dos 14 novos traballadores que resulten beneficiados dos procesos de selección que levarán a cabo os propios municipios de Lourenzá, O Valadouro e Outeiro de Rei, xa son 208 as persoas contratadas en 55 Concellos grazas ao DEPUEMPREGO.
Na Mariña son 42 postos de traballo en 13 Concellos: Alfoz, 1 peón e 2 auxiliares administrativos; A Pontenova, 1 chofer e 1 auxiliar administrativo; Barreiros, 2 oficiais; Cervo, 5 peóns; Foz, 2 auxiliares administrativos; Ribadeo, 1 auxiliar de turismo, 1 catalogador de documentos, 1 dinamizador sociocultural e 1 auxiliar administrativo; en Riotorto, 1 peón forestal medioambiental e 1 peón de xardinería; Trabada, 1 auxiliar administrativo, 1 arquitecto técnico e 1 técnico deportivo; Mondoñedo, 1 educador familiar, 1 axente de desenvolvemento turístico, 1 varredor-peón; O Vicedo, 1 administrativo e 1 peón de servizos múltiples e 1 peón de mantemento de servizos naturais; Ourol, ofértase 1 operario de servizos mínimos, 1 peón forestal e 1 electricista; Viveiro, 1 técnico de informática, 1 electricista, 2 pintores, 3 peóns de servizos múltiples e 1 socorrista; e Xove, 1 coidador e 1 administrativo.
Na Terra Chá son 40 postos de traballo en 10 Concellos: Abadín, 3 peóns; Begonte, 6 peóns; Castro de Rei, 4 peóns de servizos múltiples; Cospeito, 3 peóns; Guitiriz, 2 conserxes, 1 condutor, 1 arquiveiro e 1 dinamizador social; Meira, 2 peóns; Muras, 1 técnico de obras e servizos, 1 auxiliar administrativo, 1 operario condutor, 1 orientador; Ribeira de Piquín, 3 peóns; Vilalba, 3 peóns de obras públicas, 1 conserxe, 1 técnico superior informático e 1 técnico en administración; e Xermade, 3 peóns da edificación de obras públicas e 1 peón condutor.
Na Comarca de Lugo son 22 postos en 6 Concellos: O Corgo, 1 peón, 1 palista e 1 oficial de segunda; Friol, 6 peóns de mantemento de espazos naturais; Guntín, 1 administrativo; Outeiro de Rei, 1 administrativo e 6 operarios; Portomarín, 2 peóns e 1 xardiñeiro; e Rábade, 1 administrativo e 1 peón.
Na Comarca de Sarria son 26 postos en 6 Concellos: Láncara, 4 peóns de servizos múltiples e 1 monitor de ocio e tempo libre; O Incio, 7 peóns; Paradela, 4 peóns de obras públicas; O Páramo, 1 animador sociocultural e 3 peóns; en Sarria, 1 dinamizador e 2 traballadores de servizos varios; e en Triacastela 3 peóns.
Na Montaña son 22 postos de traballo en 8 Concellos: Baleira, 3 peóns; Baralla, 6 peóns; Becerreá, 1 tractorista e 1 enxeñeiro técnico agrícola; Cervantes, 1 peón e 1 tractorista; Folgoso do Courel, 1 peón e 1 animador turístico; Negueira de Muñiz, 2 peóns; Navia de Suarna, 1 peón condutor e 1 auxiliar administrativo; e As Nogais, 1 oficial de primeira, 1 peón e 1 licenciado en Humanidades.
Nas Comarcas de Lemos e Chantada son 36 postos de traballo en 9 Concellos: Bóveda, 2 peóns; Carballedo, 1 informador turístico e 2 peóns de servizos múltiples; Monforte de Lemos, 2 peóns de servizos e 1 auxiliar administrativo; Pantón, 1 peón de mantemento e 1 traballador social; A Pobra do Brollón, 1 técnico medioambiental e 1 peón forestal; Quiroga, 1 electricista, 1 albanel, 1 limpador, 1 técnico medioambiental, 1 animador sociocultural e 1 auxiliar administrativo; O Saviñao, 6 peóns, 1 limpador e 1 administrativo; Sober, 1 técnico en informática, 1 auxiliar viticultura técnico en turismo, 1 monitor deportivo, 2 peóns de servizos e 1 pintor; e Taboada, 1 peón de obras, 2 oficiais de primeira e 1 monitor de deportes.
Na Comarca da Ulloa son 20 postos en 3 Concellos: Antas de Ulla, 5 peóns; Palas de Rei, 4 peóns, 2 auxiliares de axuda a domicilio, 1 peón de xestión de residuos e 1 arquitecto; e Monterroso, 3 peóns de limpeza, 3 peóns de obra albaneis e 1 conserxe.



















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



