Lugo, 7 de abril de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, constatou o bo ritmo co que avanzan as obras de remodelación e ampliación do Hospital da Costa que a Xunta de Galicia executa no municipio de Burela.
Neste momento se está a actuar na zona que ocupaba o aparcamento exterior noroeste e no que se alzan as primeiras cimentacións das novas estruturas, en particular o edificio encostado en forma de “L”, contiguo á estrutura actual, e o que albergará o novo aparcamento.
O novo pavillón hospitalario terá unha altura de catro andares sobre rasante e permitirá crear habitacións de uso individual na área de hospitalización, e ampliar as novas áreas policlínicas e gabinete de exploración.
Con carácter previo, remataron as actuacións de movemento de terras, traslado provisional do heliporto e da zona de estacionamento da resonancia magnética móbil e das casetas modulares de medicina preventiva e de riscos laborais.
O compromiso do Goberno galego coa ampliación do hospital permitirá que este se vexa aumentada nun terzo a súa superficie actual: contando con 6.000 metros cadrados máis de superficie sobre os 17.600 cos que conta actualmente.
As devanditas declaracións fixéronse no marco dunha xuntanza con Jose María González Barcia, presidente e portavoz do Partido Popular de Burela, con quen fixo unha análise e lle transmitiu os principais retos do seu municipio en relación á actividade da administración autonómica
Barcia e Balseiro puxeron en valor a importancia que tivo a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) –acontecida na pasada lexislatura local- un paso decisivo para que puideran executarse as obras de ampliación do centro hospitalario, pero tamén para a execución e remate da nova estrada de acceso ao porto de Burela, xa en servizo, e a segunda escola infantil.
Estas e outras actuacións converten a esta localidade nunha das que maior investimento da Xunta ten recibido nos últimos anos xa que logo a ampliación do Hospital está a supoñer unha achega de máis de 10 millóns de euros, nesta primeira fase, o acceso ao porto roldou os 8 millóns euros, e a nova gardaría supuxo un orzamento de máis de medio millón de euros, aos que teríamos que engadir outras achegas como a destinada á ampliación e mellora dos centros educativos da localidade.
Nova Escola infantil
O delegado territorial tamén puxo en valor que no mes de setembro, co novo curso Burela pasará de 122 prazas nas Escolas infantís que atenden a nenos de 0 a 3 anos. Será sumando as 41 que ten a segunda escola infantil da Galiña Azul de Burela que abrirá ás súas portas o próximo curso.
Respecto desta dotación, ambos significaron que o groso das obras de acondicionamento da escola xa se remataron durante a pasada lexislatura local e tan só restan pequenos detalles finais na parcela.
Finalmente Balseiro e González Barcia puxeron en valor que Burela converteuse nun dos concellos lucenses con maior investimento da Xunta, materializado en obras como o acceso ao porto, reivindicación histórica dos veciños e do sector empresarial e pesqueiro que usa a dársena da localidade, un dos principais portos do Cantábrico, ou as obras acometidas na ampliación e mellora dos centros educativos.






















O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



