Cervo, 12 de abril de 2017.- O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, comezou a recuperar e recoller arquivos sonoros e gráficos, co obxectivo de configurar un fondo documental que dará como resultado unha reportaxe na que os/as protagonistas serán os propios veciños e a súa historia.
Deste xeito, o alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil delegada de Cultura, Dolores García Caramés, mantiveron un encontro cos veciños de Trasbar, no seu centro social, onde comezou a gravación, para trasladarlles o obxecto do traballo, que segundo sinalou Villares non é máis “que tentar rescatar as raíces e a historia de cada unha das aldeas e parroquias do noso Concello, que os nosos veciños poñan en común vivencias e recordos, que nos axuden a facer unha radiografía do que é, e o que foi o noso pobo, coa voz de todos e cada un deles como protagonista”.
Comezamos en Trasbar -engadiu- “pero queremos chegar aos recunchos máis significativos do noso Concello, que son moitos, e falar con todos os veciños que queiran colaborar neste traballo de campo, que consideramos que é importante realizar, para que, dalgún xeito, quede constancia gráfica da nosa memoria colectiva e que perdure no tempo”.
Villares pediu a colaboración dos veciños das diferentes parroquias que serán citados dende o Concello para participar neste traballo, “no que pretendemos referenciar e plasmar vellos costumes que co tempo, pouco a pouco se van diluíndo, festas populares, alcumes familiares, algo moi tradicional en toda Galicia e tamén no noso pobo; antigas profesións, a día de hoxe case desaparecidas…en definitiva, a intención é eleborar un completo mosaico que nos permita facer unha viaxe ao pasado do municipio e das súas xentes, narrada polos propios cervenses”.
O traballo está a ser realizado por rapaces con formación específica nesta materia, que están estes meses como becarios no Concello, froito dun convenio asinado coa Universidade de Santiago.





















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



