RIBADEO .- O delegado da Área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, participou o sábado, xunto co fotógrafo Fernándo F. Páez, e Carlota Eiros, nunha xuntanza con veciños de Rinlo na que se lles entregou, a modo de agasallo, exemplares do catálogo da mostra “Ás Portas de Rinlo”.
Nota de Prensa
A ÁREA DE CULTURA AGASALLA AOS VECIÑOS DE RINLO CON VARIOS EXEMPLARES DO CATÁLOGO DA MOSTRA DE FERNÁNDO F. PÁEZ
O proxecto expositivo “Ás portas de Rinlo” reclama a declaración desta aldea da Mariña coma Ben de Interese Cultural na categoría de “Lugar Etnográfico”
LUGO, 5 de decembro de 2009. O delegado da Área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, participou este sábado, xunto co fotógrafo Fernándo F. Páez, e Carlota Eiros, nunha xuntanza cos veciños do lugar de Rinlo na que se lles entregou, a modo de agasallo, un bo número de exemplares do catálogo da mostra “Ás Portas de Rinlo”. De xeito informal, o nacionalista lembrou que foron os propios veciños desta aldea de Ribadeo quen colaboraron nun proxecto artístico desenvolto pola iniciativa cidadá “A prol de Rinlo BIC” que persegue a difusión, defensa e conservación dos valores patrimoniais deste lugar e tamén a súa declaración como Ben de Interese Cultural na categoría de “Lugar Etonográfico”. Tanto Veiga coma Páez coincidiron en resaltar o interese e a disposición dos veciños de Rinlo a participar activamente neste proxecto expositivo. De xeito directo ou indirecto todos eles están presentes nas 50 imaxes que conforman este catálogo, concluiron.
O Museo do Mar acollerá en breve esta mostra, composta dunha escolma de 12 imaxes, que pretende amosar a beleza do vernáculo e da paisaxe histórica reclamando actuacións que respecten a memoria e manteñan viva a identidade local dos núcleos máis tradicionais do país. Coa esta escolma, xa presentada no Museo Provincial de Lugo, o fotógrafo Fernando F. Páez ofrécelle á sociedade a posibilidade de percibir doutro xeito as marcas que o paso do tempo deixa nas persoas e nos lugares da Comarca da Mariña. Alén disto, Antonio Veiga salientou que esta exposición reflicte o xeito de vida dos veciños dun lugar peculiar da costa lucense a través dos rostros dos seus mariñeiros, das súas mariscadoras, das súas casas ou das paisaxes que definen esta zona. Para o nacionalista, este proxecto expositivo é un exemplo máis do amplo e variado patrimonio cultural inmaterial que existen e Galiza e que “debemos preservar e potenciar” en favor da identidade cultural do propio país.




















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



