Lugo, 20 de abril de 2017.- A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta na provincia de Lugo 2.155 prazas dentro da campaña de verán 2017; son 195 máis que o ano pasado, o que supón un incremento do 10%.
Estes datos foron dados hoxe a coñecer polo delegado territorial, José Manuel Balseiro, durante a presentación da programación de campamentos e campos de traballo para a mocidade que ofrece a Xunta na provincia e que supón un orzamento de máis de 638.000 euros.
Balseiro explicou que dende o 21 de xuño e ata o 30 de agosto sucederanse 25 campamentos, en distintas quendas e agrupados por tramos de idade -poden asistir nenos e nenas dende os 9 aos 17 anos-, que se desenvolverán nas instalacións da Xunta en Viveiro, Portomarín, Ribadeo, Palas de Rei, Lugo e Carballedo e no albergue municipal de Quiroga.
Ademais, Viveiro e Ribadeo acollerán tres campamentos en oferta concertada e o LUG II, na capital, a actividade “Conecta con Galicia”, para maiores de 18 anos.
Igualmente, haberá 5 campos de traballo internacionais para persoas de entre 18 e 30 anos, nos que poden participar descendentes de galegos residentes no exterior, e que terán lugar en Quiroga, Folgoso do Courel, Pantón, Portomarín e Xermade.
O delegado territorial subliñou “o incremento constante que vimos experimentando cada ano tanto no número de prazas como no orzamento destinado á provincia na campaña de actividades de verán”.
Igualmente, destacou que a presente convocatoria “afonda no carácter inclusivo das actividades de verán que organiza a Xunta, ao reservar máis prazas para fillos e fillas de mulleres vítimas da violencia de xénero, para menores en situación de garda ou tutela administrativa e para mozos e mozas con discapacidade”. En concreto, para estas situacións hai reservadas 30 prazas en Lugo.
Balseiro lembrou que os mozos e mozas lucenses poden acceder ás 9.572 prazas que oferta a Xunta no seu conxunto, nas catro provincias galegas e mesmo fóra de Galicia. Así, grazas a acordos con outras comunidades, ofrécense preto de 300 prazas en campamentos do País Vasco, Castela e León, Estremadura, A Rioxa, Madrid e, como novidade este ano, Cantabria.
Do mesmo xeito, nas actividades da Xunta resérvanse prazas para a mocidade doutras comunidades. En concreto, en Lugo hai 117 abertas a persoas procedentes de Álava, A Rioxa, Castela León e Madrid.
As persoas interesadas teñen de prazo ata o día 2 de maio para presentar as solicitudes. A oferta concreta de datas, lugares, grupos de idade e outros datos pode consultarse na páxina web da Xunta, na área de Xuventude, onde atoparán o folleto informativo, ou no Diario Oficial de Galicia do día 17 de abril; os enderezos son os seguintes:
http://xuventude.xunta.es/images/accion_de_veran/2017/FOLLETO_CAMPAMENTOS.pdf
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170417/AnuncioG0425-070417-0008_gl.html


















A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistirá este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.



