Ribadeo, 24 de abril de 2017. As xogadoras do Burela FSF estarán o mércores, día 26, en Ribadeo participando nunha sesión lúdica organizada pola Concellaría de Igualdade e dirixida ao alumnado de 1º curso de Primaria. O obxectivo desta cita para por fomentar o xogo mixto deste deporte, que as nenas e os nenos compartan o balón nun mesmo espazo rachando cos roles e estereotipos vixentes.
Desde o CIM e desde a Concellaría de Igualdade explican que “o deporte é unha actividade esencial: para a súa saúde física e psíquica, e ademais, soe resultar pracenteiro. A distribución por sexos dos seres humanos conlevou historicamente a deixar de lado e invisibilizar o papel e o desfrute do deporte polas mulleres. A participación das mulleres é hoxe moito maior que fai un século, pero ainda queda moito por percorrer. O concepto de discriminación por sexo está estreitamente vinculado ao principio de igualdade. No ámbito deportivo, e especialmente no do fútbol, permítense as diferenciacións entre homes e mulleres, sempre que estean obxectivamente xustificadas, isto é non sexan arbitrarias”.
E engaden: “desde os 6 anos de idade, tanto as nenas como os nenos poden participar en equipos masculinos e femininos, respectivamente. O problema deriva da escasa práctica deportiva entre o colectivo feminino. Esta situación afecta especialmente ás mozas que, por falta de compañeiras para formar equipos, intégranse en equipos masculinos, formando entón equipos mixtos. Desde 1998, o Comité de Disciplina Deportiva de Galicia permite a creación de tales equipos sen límite de idade. Non cabe dúbida de que a posibilidade de crear equipos mixtos sen límites de idade suporía unha serie de beneficios, non só para as mulleres, senón tamén para a sociedade en xeral, entre eles: aumento de número de xogadores/as; aumento de equipos; aumento de calidade nas Ligas; e educación para e a favor da igualdade entre homes e mulleres no mundo do deporte”.
Este mércores, 26 de abril, estarán en Ribadeo un grupo de xogadoras do Burela Fútbol Sala Feminino para realizar unha sesións lúdica que se desenvolverá da seguinte forma: “unha primeira parte expositiva, onde se perciba como as nenas/ mulleres poden xogar ao fútbol; desenvolvemento dunha serie de xogos no que se implicará ao propio alumnado; e un pequeno partido”. A sesión lúdica está dirixida ao alumnado de 1º curso de Primaria do Colexio Público Gregorio Sanz e do Colexio Sagrado Corazón de Xesús. A actividade será no pavillón municipal. Ás 10.15 horas terá lugar a sesión dirixida ao Colexio Sagrado Corazón e as 11.15 horas a dirixida ao Colexio Público Gregorio Sanz.
Desde a Concellaría de Igualdade subliñan que “a actividade ten como obxectivo visibilizar os referentes femininos nesta práctica deportiva; familiarizar ás nenas con este deporte; promover que tanto nenas como nenos poden xogar ao fútbol; e fomentar o xogo mixto deste deporte, que as nenas e os nenos compartan o balón nun mesmo espazo rachando cos roles e estereotipos vixentes”.
O CIM e a Concellaría de Igualdade agradecen “a colaboración do Burela Fútbol Sala Feminino para poder dar a coñecer e fomentar o fútbol feminino desde idades temperás”.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



