O réxime constitucional francés é bastante singular, non é presidencialista nin parlamentario, senón unha mistura de ambos os dous. O Goberno e o seu primeiro ministro precisan a confianza tanto parlamentaria como a do Presidente da República. Esta dupla confianza marca o sistema: as eleccións presidenciais e parlamentarias fanse a dúas voltas, por cadanseus cinco anos e consecutivos temporalmente (as parlamentarias serán en xuño).
No primeiro round pasaron moi igualados a peneira Emmanuel Macron ( centro-esquerda independente ) e Marine Le Pen (Front National, neofascista), a rentes de cadanseu 23% de votos. François Fillon (dereita conservadora gaullista; a rentes do 19,5%) e Benoît Hamon (Partido Socialista; 6,5%) , candidatos das dúas principais correntes políticas da V República ficaron fóra, porqué ningún dos dous candidatos, vencedores de cadansúas primarias, foron quen de integrar a pluralidade de cadanseu partidos nin aos precandidatos perdedores nas primarias. De feito o antigo primeiro ministro socialista, Valls, apoiou Macron desta volta.
O resultado é nomeadamente esmagante para o PS. O seu electorado, os millóns que votaron polo presidente François Hollande no 2012, liscou cara á plataforma independente En Marche de Macron (que non existía até hai seis meses) e cara á plataforma de esquerdas do antigo ministro socialista Jean-Luc Mélenchon, que quitou preto do 18% de votos e que foi, canda Macron, a sorpresa desta campaña, pois que dende hai meses ficou claro que Marine Le Pen pasaba o curte.
Fillon, Hamon e o secretario xeral dos comunistas pediron xa o voto para Macron, canda o actual primeiro ministro. Mélenchon non se ten pronunciado, pois que La France insoumise acordou decidir a súa escolla dende as bases. Non semella moi probábel que este voto migre cara Le Pen, mais si cara á abstención.
Velaí que Macron conte con recursos abondo para gañar a segunda volta e acadar a Presidencia. Afastando o perigo dun french exit. Mais fican moitas dúbidas. En primeiro lugar se Macon obterá nas eleccións parlamentarias de xuño un grupo parlamentario potente de seu ou terá que cohabitar coa dereita gaullista e a esquerda insubmisa-. En segundo lugar, se haberá reflexión na centralidade sistémica arredor da fonda desafección de millóns a respecto da Francia e da Europa de hoxendía.
A arrincadeira A FN de Marine Le Pen acada moitos menos votos en Bretaña e Iparralde.
O neofascista FN foi moito menos votado en territorios con personalidade nacional de seu, como Bretaña ou Iparralde (Euskadi Norte). Semella que as forzas territoriais ou nacionais achegan un importante sentido da centralidade política. A excepción,porén, foi a illa de Córsica, onde Le Pen foi a máis votada.


















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



