O vindeiro xoves, 27de abril, cúmprese un ano do pasamento dunha persoa que en Foz residíu mais de 20 anos e aquí deixou o ronsel que, mais alá do magnífico labor desenvolvido como director da escola de música e a creación da banda; as condicións da súa personalidade; o talante, sempre correcto e respetuoso; colaborador para canta iniciativa era requerido, e outras propias.Tal xeito de estar en sociedade fixo que gran parte dela profesara a Arcadio Mon admiración e fondo afecto, e mesmo gratitude; o seu óbito, sorpresivo, deixou un hálito de dor e tristura na xente focega, sentimento que en boa medida perdurará por muito tempo. Foi no ano 1992, cando a Corporación Municipal, da que era alcalde Manolo Neira, “Polaco”, e concelleiro de Cultura Xosé Paleo, tomou o feliz acordo de dotar ó concello dunha Escola de Música, pensando sobremaneira nas xeracións vindeiras que non dispuñan dos medios para o coñecemento e a aprendizaxe da disciplina tancendente para a formación do individuo, como é a musical.
A música é intemporal e polo tanto non ten principio nen fin; o que pode datarse é cando na persoa ou na colectividade se dan as circunstancias que posibilitan o achegamento a ela para coñecela, estudala e disfrutala. Nese senso, Arcadio Mon personifica a nova era para esta faceta en Foz, pois non había precedentes: daí o título do noso comentario. Creada a Escola, de contado ponse en marcha o organigrama para o que era fundamental: dar coa persoa idónea para levar sobre os seus ombreiros a maior responsabilidade: a dirección da mesma. Realizada a preceptiva oposición gaña a praza Arcadio,persoa coñecida, músico avezado, de prestixo personal e profesional. Finou sendo director da Escola de Música de Foz. A morte, fixo que o vecindario espertase abraiado pola triste nova. Sempre disposto ó diálogo, tolerante e acolledor, Arcadio era querido e valorado por todos: a súa calidade humana sobrepasaba os recoñecidos méritos profesionais e a entusiasta dedicación á súa función didáctica, sempre presidida por unha permanente xenerosidade. Nos anos da súa estadía entre nós,o cronista mantivo con él, unha relación moi próxima, fraternal.
Hoxe, coa lembranza da triste data, rendimos novo homenaxe a Arcadio Mon e para eso recurrimos ó caótico arquivo para referir unha de tantas actuacións que foron exitosas na súa extensa carreira profesional.
O día 29 de marzo, de 2009 celebrouse na Casa da Cultura de Foz o anunciado concerto no que Arcadio Mon presentaba unha ducia de cancións, parte da súa producción dos últimos tres anos. O acto, como era de esperar, resultou un éxito, dado o prestixo de Arcadio, as simpatías con que contaba e a excepcional calidade dos instrumentistas que o acompañaban.
Arcadio foi quen de captar as vivencias e as emocións que se agochanno mais recóndito daquel paraxe bucólico e trasladalas o pentagrama para, en belidas cadencias, ofrecelas na Alborada do Masma para deleite da audiencia.Coas letras, o cantautor labrou un brillante colar


















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



