NOTA DE PRENSA
O Grupo Popular rexistrará unha proposición non de lei no Parlamento instando ao Executivo que dirixe Alberto Núñez Feijóo a rescatar este ambicioso plan que o 31 de xullo do ano pasado, en pleno verán, o Consello da Xunta decidiu deixar sen efecto a proposta da Consellería nacionalista de Vivenda
BALSEIRO PROMOVE A RECUPERACIÓN DO PROXECTO DE CONSTRUCIÓN DO CINTO INDUSTRIAL DE ALCOA ANULADO POLA XUNTA BIPARTITA
* O deputado popular salienta que esta grande área industrial servirá como estímulo para a creación de novos proxectos empresariais, un gran número de novos postos de traballo e un despegue económico en toda a comarca que contribuirán decididamente na loita pola superación da crise.
A Mariña, 7 de decembro de 2009.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol promove a recuperación do proxecto de construción do cinto industrial de Alcoa anulado no seu día pola Xunta bipartita. O Grupo Popular rexistrará unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia instando ao Executivo que dirixe Alberto Núñez Feijóo a rescatar este ambicioso plan que o 31 de xullo do ano pasado o Consello da Xunta desbotou a proposta da Consellería nacionalista de Vivenda, nunha decisión altamente polémica e moi cuestionada.
Balseiro Orol lembra que, o pasado verán, con clara aleivosía, nacionalistas e socialistas acordaron deixar sen efecto a creación desta grande área industrial, entre os concellos de Cervo e Xove, nunha decisión que, na opinión dos populares, implicou unha grave lesión para os intereses do conxunto da Mariña lucense. De feito, supoñía paralizar sine die e sen efectuar unha correcta avaliación das súas consecuencias a dotación dun grande espazo de solo industrial, no contorno da multinacional do aluminio, que serviría para dinamizar a situación da nosa economía.
MÁIS EMPREGO, MÁIS EMPRESAS
O deputado popular salienta o seu convencemento de que esta nova grande área industrial -que o Partido Popular pide recupere a Xunta- servirá como estímulo para a creación de importantes proxectos empresariais, e permitirá xerar un gran número de novos postos de traballo, en definitiva, dous factores que contribuirá decididamente na loita pola superación da crise.
UN PROXECTO PROMOVIDO NO SEU DÍA POLO PP
En maio de 2004 por entonces polo Goberno de Manuel Fraga promoveu o denominado Plan Sectorial de Ordenación das Áreas Empresariais. A través deste proxecto a Xunta popular pretendía levar adiante a construción, promoción e explotación daqueles parques industriais que se consideraban máis necesarios en atención a diversos factores, entre os que primaban as circunstancias socio económicas de cada unha das bisbarras nas que se situarían os futuros emprazamentos. Máis en concreto, para a primeira fase do cinto industrial de Alcoa, reservábanse 250.000 metros cadrados de terreo entre os concellos de Xove e Cervo, o que o convertería nun dos polígonos empresariais máis grandes da provincia, xunto co de Bahamonde.
EMPRAZAMENTO ESTRATÉXICO
Gran parte dos puntos fortes do proxecto, apoiados en distintos estudos de viabilidade, xurdían como consecuencia da situación estratéxica que caracteriza a este emprazamento, xa que resulta ser un punto ineludible para as relacións comerciais da zona.
Tamén cabe subliñar, pensando en termos de futuro, que a dotación deste polígono industrial servirá de complemento ideal para a pretendida apertura ao tráfico comercial xeral do dique de Morás, é dicir, das instalacións portuarias que na actualidade están infraempregadas pola empresa ALCOA pois tan só as utiliza como dique de abrigo. É doado comprender, que de progresar os múltiples esforzos que se están a desenvolver neste sentido ou, en todo caso, para favorecer este obxectivo unha condición indispensable é a de complementar a devandita actuación cunha oferta de solo industrial próximo ao novo porto comercial. Balseiro Orol explica que non ten sentido algún dispoñer dun novo dique para mercadorías sen ofrecer a capacidade de que, nas súas inmediacións, podan asentarse empresas de transporte, distribución, transformación ou comercialización dos produtos estibados.
MÚLTIPLES POTENCIONALIDADES
Con todo, a importancia do futuro polígono industrial no contorno de ALCOA, emprazado nas localidades de Cervo e de Xove, dispón dunha substantividade propia. Con independencia doutros factores –expón o deputado popular- resulta evidente que, dispoñer nesta área de 250.000 metros cadrados de solo industrial na nosa comarca contribuiría a xerar importantes beneficios e ofrecerá múltiples potencionalidades: falamos de progreso, falamos de futuro.


















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



